TICGAL

Xestión de servizos TIC co novo GLPI 9.5

Xestión TIC con GLPI 9.5 - Webinar

Xestión de servizos TIC co novo GLPI 9.5

Por sorte, dentro desta complexa situación, as sesións demostrativas en liña, ou webinars son unha das poucas actividades que aínda se poden realizar e son 100% libres de COVID.

Ao igual que o ano pasado, dende AGASOL convidáronos presentar o GLPI, desta volta, debullando as máis salientables funcionalidades  que ofrece a nova GLPI 9.5.

Eis o motivo, e este o lugar onde pode consultar as diapositivas ao teu ritmo, e o vídeo se non puideches velo en directo.

Para futura referencia., deixo os anuncios co programa:

E logo, que hai de novo?

Pois a idea, era dar un repaso polo que fai o GLPI, por se había algún despistado, e despois amosar os highlights, as funcionalidades máis destacadas de 9.5.

Esta versión publicada o pasado xullo, trae ducias de melloras, moitas delas teñen relevancia para usuarios da aplicación, mais do que se trataba era de amosar as máis rechamantes; as que poden facer que decidas elixir GLPI como a túa ferramenta principal para xestionar o departamento TI.

Coma sempre, aquí tes a presentación:

E o vídeo.

Acabo de velo completo. Sinto que non estea en galego, cousa da falta de clientes no país, e case non o publico da cantidade erros e imprecisións que cometo. Terei que preparar o vindeiro con máis calma O:).

Importante: se xa coñeces GLPI podes avanzar até o minuto 18:30, onde comezo falar das novas funcionalidades.

Agradecementos

Non cansamos de agradecer a  AGASOL, a AMTEGA, ao CDTIC por aloxalo. E como non a Sergio, que é a voz en off e quen técnicamente acada que todo isto funcione.

Para calquera consulta de GLPI, tedes toda a web chea de xeitos de contactar, e aínda que é un pouco de principios de século, tamén podes deixar un comentario 😉

Só dúas cousas para rematar:

  • César, isto é un webinar,
  • e si, levo unha nova camisa 🙂
  Can GLPI 11 block a ticket solution until validation?

Share this post

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

nineteen + six =

Protected by Spam Master