TICgal logotipo transparente

O teu consultor GLPi

GLPI ITSM ITIL

Que é GLPi?

GLPi é unha solución de software libre distribuido baixo licenza GPL, que facilita a administración de recursos informáticos. GLPi permite rexistrar e administrar os inventarios de todo o hardware e software dunha empresa, optimizando o traballo dos técnicos.

GLPi inclúe tamén software de Servizo Técnico (Helpdesk) para o rexistro e atención de solicitudes de soporte técnico, coa posibilidade de notificación por correo electrónico a usuarios e ao mesmo persoal de soporte, ao inicio, durante e/ou ao feche da solicitude.

As funcionalidades máis salientables de GLPi pódenser resumir en dous grupos:

i

O inventario de tódolos recursos informáticos, tanto de hardware (PCs, servidores, máquinas virtuáis, equipamento de rede, impresoras…), coma do software asociado a eses activos, incluida a xestión de licenzas.

A administración e historiáis das diferentes actividades de mantemento e procedimentos relacionados, levados a cabo sobre eses recursos informáticos, incidencias, solicitudes, cambios, problemas, ademáis de contratos relacionados e información financiera.

Funcionalidades salientables

Xestión multi-entidade

Multi-empresa, multi-departamento

Xestión multilíngüe

Máis de 40 idiomas, por suposto, o galego incluido.
TICgal é responsable da tradución ao galego de GLPi.

Soporte multiusuario

 

Inventario de activos

Ordenadores, servidores, periféricos, software, consumibles e calquera compoñente asociado

Xestión administrativa e financeira

Xestión de licenzas

Cumpre coa especificación ITIL

Centro de servizo ao usuario

C.A.U. para usuarios fináis e técnicos. Cumpre coa especificación ITIL.

Informes e estatísticas

Exportables en PDF, PNG, SVG, SLK e CSV.
i

Xestión de contratos e documentos

Qué é GLPi NETWORK?

Teclib’ explicánolo:
GLPi Network é unha distribución profesional  baseada no proxecto GLPi e  noutras tecnoloxías de código aberto, coma Fusioninventory, Maria DB ou GNU/Linux.
Unha ferramenta que crea un Centro de Atención ao Usuario, capacidade fundamental da Xestión do Servizo TIC (ITSM – ITIL), que a súa vez facilita o traballo diario dos administradores de sistemas, gracias a un amplo rango de funcións melloradas.
Por medio dunha interface web, GLPi permite construir a túa propia base de datos, incluindo soporte multiusuario, uso de múltiples localizacións, xestión multilíngüe, notificacións por correo electrónico e creación de peticións no CAU directamente por parte do usuario, entre moitas outras funcionalidades.
Con GLPi, podes crear, manter, xestionar e seguir o inventario dos activos de toda a empresa (ordenadores, software, teléfonos intelixentes, tabletas, impresoras, consumibles , etc.) desde unha consola centralizada.
Dispoñibilizando aintegración de cualquera tipo de empresas e negocios, que busquen unha solución para estandarizar procesos, reducir custos e optimizar a productividade do persoal TIC.

TICGAL foi o primeiro partner de Teclib’ na Peninsula Ibérica

Dando soporte oficial a instancias GLPI en todo o mundo desde 2016

Agora TICGAL é o primeiro Gold Partner na Peninsula Ibérica

Os quintos no mundo. Aproveita a oportunidade de gozar dun referente mundial moi perto de ti.

Ofrecemos consultoría, implementación, soporte e desenvolvimento para  GLPI e GLPI Network, a Appliance Virtual de GLPi creada por teclib’, en galego, português e castelán.

TICgal GLPI Silver Partner
TICGAL's GLPI GOLD PARTNER BADGE

Queres ampliar esta información?

Déixanos os teus datos e chamámoste.

Contacta connosco

Por que é hora de deixar atrás as follas de cálculo e adoptar GLPI para a xestión de activos de TI

Introdución Como profesional cunha certa experiencia en TI, fun conversando con numerosos CIOs e técnicos que se queixan do uso de follas de cálculo...

Aproveitando GLPI para a súa utilización como ESM en diversas áreas de negocio

Introducción No acelerado mundo empresarial de hoxe, a Xestión de Servizos Empresariais (ESM) converteuse nun elemento clave para as organizacións...

MFA for GLPI fai xusto o que pensas 😉

Mira o que nos trouxo o Apalpador! Un novo plugin: MFA for GLPI. Hai un mes, Teclib' anunciou o GLPI Roadmap, que parecía máis que prometedora. Non...

Borgbase for GLPI: Unha integración de Off-Site Backup

Non tivemos tempo de traducir este artigo. Podes ver unha automática aquí.