O pasado venres asistín ás IV Xornadas xudiciais na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Na pausa do café, unha avogado laiábase do traumático cambio de equipamento informático que supuxera a actualización a Windows 8, que como efecto colateral, non só lle impedía seguir a utilizar a súa actual multifunción, senón que tampouco podía acceder a LexNET sendo este un asunto moito máis grave e a priori de difícil solución, que lle obrigara a solicitar a baixa nun servizo que se espera, en curto espazo de tempo, sexa obrigatorio.
Na parte de hardware pouco hai que facer. É un modelo de negocio no que non se liberan drivers actualizados para forzar unha nova compra. Deberemos fixarnos nas compañías ou gamas que adoecen deste problema para evitalos no futuro. Non obstante, sorprendíame a afirmación sobre LexNET, dado que durante este verán tivera que pelexarme con ela, realizando múltiples probas e froito disto adquirín un certo coñecemento, que unha vez documentado pasou ao esquecemento. Pedinlle os correos de soporte e a frase era clara:
En respuesta a su consulta sobre lexnet, tras consultar con el soporte nos indican que no es compatible con windows 8:
Os requerimentos non só abundaban no comentado anteriormente, senón que restrinxían os sistemas operativos soportados aos de 32 bits.
Disponer, en el ordenador del usuario, de lo que sigue:
- Sistema Operativo Windows XP, Windows Vista o Windows 7 de 32 bits En caso de no conocer su versión de sistema operativo, acceda a la pregunta frecuente ¿cómo puedo comprobar cuál es mi versión de sistema operativo?. En el caso de disponer de un Windows Vista o Windows 7, es necesario configurar el sistema según se indica en la pregunta frecuente Tengo un ordenador con Windows Vista o Windows 7, ¿Puedo usarlo para acceder a LexNet?
Cómo que non funciona LexNET en Windows 8?
Ante estas evidencias non quedan arguementos cos que retrucar, mais en canto tiven un intre fixen unha instalación e comprobei que efectivamente funcionaba en Windows 8.1 de 64 bits. Motivo polo cal fixen esta captura e envieilla.
Realizando unha rápida verificación de requisitos para LexNETv3, resulta que o validador devolve que si se cumpren sempre en cando se utilice un navegador de 32 bits, que é o máis habitual, para o Firefox e o Chrome, e non así para Internet Explorer 11, pero os feitos confirman que si é posible nos 3 navegadores.
Calquera que teña utilizado LexNET algunha vez saberá das súas limitacións e carencias coma as notificacións en formato RTF, a súa inestabilidade, a súa sensibilidade aos cambios de versión dos navegadores, e en especial da máquina virtual Java, aínda que dende o meu punto de vista e sen que estea oficialmente soportada, téndoa correctamente configurada en 3 navegadores, e un soporte informático no que confiar, non debería haber maiores problemas.
[box] Si necesitas ayuda con la configuración de tu equipo para acceder a LexNET, contacta con TICgal sin compromiso.[/box]
[button link=”tel:986101000″ type=”big”]Chama AGORA desde o teu móbil[/button]
Leave a Reply