Entre o 26 e o 31 de maio, e organizada pola pontevedresa TICgal, impartiráse no Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra a primeira certificación oficial da solución empresarial de monitorización de código aberto Zabbix que se realiza na Peninsula Ibérica. Zabbix é unha ferramenta complexa que, en poucas palabras, se encarga de comprobar o estado de equipamentos e servizos informáticos, tales como servidores, equipamento de rede, aplicacións, servizos web e sensores, entre outros, combinando alertas programables cun histórico dos mesmos.
Algunhas das entidades que están a utilizar Zabbix en Galicia, son o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG).
Trátase da primeira ocasión na que se realiza un curso de este tipo en España, que proximamente será acollida noutras cidades como Paris, Moscova, Riga, Tallinn, São Paulo ou Montreal. Por este motivo, boa parte de los quince participantes serán de fóra de Galicia. A primeira formación de Zabbix en castelán impartiuse en abril do pasado 2013 na cidade de Buenos Aires, polo que a de Pontevedra será a segunda no mundo nesta lingua.
Acerca de TICgal
TICgal, que comezou a súa andaina no presente ano, ofrece ao tecido empresarial pontevedrés, un amplo abano de solucións informáticas para desenvolver a súa actividade ante un único interlocutor. Consciente da complexa conxuntura económica actual, TICgal aposta pola presentación de solucións imaxinativas e de custo moderado, moitas delas de código aberto, facendo accesibles os seus servizos a PEME e autónomos en galego, castelán e inglés.
Web: www.ticgal.com
Acerca del Zabbix (Software)
Zabbix é unha solución empresarial de monitorización distribuida de código aberto deseñada para supervisar o rendemento e dispoñibilidade dos servidores de rede, dispositivos, servizos e outros recursos TIC.
Zabbix é unha solución unificada de monitorización que permite aos usuarios recoller, almacenar, xestionar e analizar información recibida da infraestrutura TIC, así como a súa visualización e notificación a través do correo electrónico, SMS ou Jabber cando son alcanzados os límites definidos.
Zabbix permite aos administradores detectar problemas en servidores e outros dispositivos nun curto período de tempo e, polo tanto, reduce o tempo de inactividade e o risco de fallo do sistema. A solución de monitorización está a ser usado activamente por PEME e grandes empresas de todos os sectores e en case todos os países do mundo.
Acerca de Zabbix SIA (Empresa)
Zabbix SIA foi creada en 2005. É unha empresa de desenvolvemento de software con sede situada en Riga, Letonia e unha filial en Toquio (Xapón). O principal produto da empresa é Zabbix, unha solución empresarial de monitorización distribuida de código aberto. Zabbix SIA ofrece unha ampla gama de servizos comerciais, como soporte técnico e consultivo, integración de Zabbix, implantación e desenvolvemento de servizos personalizados, así como formación profesional de Zabbix. A atención céntrase sobre un enfoque flexible das necesidades do cliente e a capacidade de realizar servizos de primeiro nivel prezos accesibles. Zabbix SIA posúe máis de 65 socios tecnológicos en todo o mundo, moitos deles líderes do seu sector na súa área xeográfica.
Zabbix SIA ten unha grande carteira de clientes de varios tamaños en diferentes sectores. Algunhas das maiores empresas de telecomunicacións, financeiras, educativas, comerciales, sanitarias e gobernamentais de todo o mundo están entre os clientes da empresa, varias delas presentes na lista Fortune 500 do ano 2012.
Leave a Reply