Comprobar o correo doutras contas (usando POP3) é unha práctica funcionalidade Gmail que permite recibir o correo de ata 5 contas de correo electrónico nunha caixa de correo unificada. O seu comportamento ven sendo o dun xestor de correo tradicional como pode ser Microsoft Outlook ou Mozilla Thunderbird, cunha significativa diferenza: nos primeiros prográmase unha comprobación periódica dos servidores de correo, que podemos programar con valores baixos como cada 5 minutos; no caso do Gmail é a propia intelixencia do servizo o que vai variando a frecuencia das comprobacións, en función de si atopa novas mensaxes que descargar ou non, e no peor dos casos comezará a comprobar se hai novas mensaxes cada hora.

Para un uso habitual non debería ser moi importante ese atraso de 1 hora, mais hai ocasións nas que estamos a agardar a chegada dese correo importante, e non queremos, e aquí ven o bo, ni temos porque agardar tanto.

A solución: Comprobar se teño correo agora en Gmail

E como chegamos ata esa opción máxica? Dun xeito moi sinxelo con 4 clics de rato (segue as instruccións ou os números vermellos das imaxes):

  1. Unha vez na nosa conta de Gmail, prememos na icona da engrenaxe de Configuración.
  2. E no menú despregable eliximos Configuración novamente.
  3. Na nova pantalla seleccionamos Contas e importación.
  4. E alí no apartado Comprobar o correo doutras contas (usando POP3): atoparemos a opción Comprobar se teño correo agora.

A continuación as imaxes para que ninguén se perda ;).

Comprobar si tengo correo ahora en Gmail por POP3

Comprobar se teño correo agora en Gmail por POP3

E xa que estamos, neste mesmo apartado temos 3 datos adicionais, e informativos que compre explicar:

  1. Comprobouse por última vez o: tempo que pasou desde que se comprobou (manual ou automaticamente) a caixa de correo remota por última vez.
  2. X correos recuperados:  Número de mensaxes recollidos na última comprobación. Se non aparece é porque non se recuperou ningún.
  3. Ver historial: Ofrécenos a hora e resultado das últimas recuperacións.
->  Rapportive: Conecta cos teus contactos en Linkedin cun click

gmail Historial de recuperación de correoQuedou claro?

Se non foi así utiliza os comentarios ou utiliza os medios de contacto dispoñibles na cabeceira da páxina: teléfono, enderezo electrónico ou redes sociais.