Cantas veces pensaches:
Esta aplicación pódeme ser de utilidade, xa a probarei.
A min pásame de seguido. Por un banda, segundo o organizado que sexas, atoparás ou non a información (as ligazóns, correos, presentacións, etc), para revisar nun futuro indeterminado, e por outro é posible que non dispoñas do tempo de configurar unha contorna de probas, para, co uso, ter unha visión máis clara de como funciona esa aplicación.
Se isto che ten pasado na procura dun Service Desk, GLPI, Gapp ou todas elas, e tes 45 minutos para deitarte no sofá vendo un vídeo, aquí tes a solución. De acordo , non é coma unha serie de Netflix, pero seguramente lle tires máis utilidade:). Grazas ao Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) , o pasado 14 de febreiro realizamos unha presentación por streaming titulada: Xestión integral de peticións con Gapp e GLPI. Nela, tentamos ofrecer alternativas a un problema habitual en calquera organización como é a xestión de peticións, sen limitala aos conceptos ITIL de Solicitudes (Requests) e Incidencias (Incidents), percorrer o seu ciclo de vida con GLPI e como non, coa nosa solución de mobilidade: Gapp.
É moi lixeira, e inclúe polo mesmo prezo o efecto demo en todo o seu esplendor. Anímoche a atopar o Presentation bombing dun bo amigo. Dispositivos que non funcionan a última hora e ter que usar o meu móbil persoal para a demo, causaron unha situación que me puxo a proba.
Pouco máis hai que contar. Se che interesa, aquí tes o vídeo:
No teu caso, se coñeces GLPI e unicamente precisas información sobre Gapp, afórroche a introducción indo directamente ao minuto 17:30.
E para ver algunha diapositiva con calma, para acceder aos QR, as ligazóns de descarga, e as credenciais da demo, tamén a presentación:
Agardamos que sexa todo o instrutivo que o tempo do que dispoñiamos permitiu, e as dubidas que teñas, tentaremos resolvelas en canto te poñas en contacto con nós, por cualquera dos medios que poñemos á túa disposición.
Leave a Reply