Onte 21 de marzo, celebrouse a videosesión vsTECNIRIS/57 co título: Ferramentas para Xestión de Inventario Informático de código aberto na que se compartiron solucións e experiencias referidas ao inventariado de equipos e recursos informáticos.

Nela presentáronse tres soluciones de xestión de Inventario de código aberto:

  • OpenDCIM que foi mostrada por Pepe Medina da Universidad de Cádiz.
  • GLPi da que me encargaron responsabilizarme, e na que tentei mostrar a potencia de *GLPi como ferramenta de inventario, ademais dunhas breves pinceladas da súa funcionalidade como ServiceDesk ou Mesa de axuda.
  • NeDi presentada por Inés Tovar da Universidad Carlos III.

Como xa indiquei, Teclib’ confiou no meu para presentar a solución GLPi. Aquí déixoche unha ligazón á sesión gravada, para que poidas ver as opcións que ofrecen as tres soluciones e tamén unha ligazón á presentación en PDF:

  1. Visión xeral Inventario local
  2. Inventario de virtualización con VMWare ESXi
  3. Inventario de red
    1. Equipos de rede (switches)
    2. Equipos de rede (impresoras)
  4. Inventario para loxística
  5. Inventario para activos non informáticos
  6. Demo
  7. Preguntas

Tratei de presentar unha visión xeral e se estás atento ás preguntas talvez resolvas algunhas das dúbidas que che poidan xurdir. Para calquera outra consulta, tes os contactos na barra superior, na páxina de GLPi de TICgal ou utilizando os comentarios desta entrada.

Presentación GLPi en vídeo

Presentación de  GLPi como Ferramentas para Xestión de Inventario Informático en vídeo para descarga ou streaming

Presentación GLPi en PDF

Presentación de GLPi como ferramenta de inventario Informático

Ligazóns utilizados ou indicados na presentación

->  Por qué non se amosan os botóns do temporizador do Actualtime na tarefa?

A nova na páxina de teclib’:

Click on the button to load the content from www.teclib-edition.com.

Load content

E o vídeo aquí:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Herramientas para gestión de inventario informático - Presentacion GLPi Inventario Servicedesk Rediris