Desde a versión 44 de Google Chrome (setembro de 2015) non é posible activar Java

A partir da versión 42, o navegador Google Chrome ten desactivado o soporte para Java, entre outros plugins coma Silverlight, Unity, Google Earth, Google Talk ou Facebook Video, e aínda que puidera parecelo, non é unha decisión tomada á lixeira. Como se pode comprobar nesta nova de setembro de 2013, o navegador máis utilizado arestora no mundo, xa anunciou que cesaría o soporte dos plugins NPAPI 2 anos despois.

Que pasou? Que ao igual que co fin de soporte de Windows XP non fixemos moito caso ata que xa foi moi tarde. De feito e a xulgar por esta gráfica, no momento de publicación, case 1 de cada 5 usuarios que navega navegan por Internet, é un insensato  cun Windows XP, un sistema operativo que leva 1 ano sen recibir actualizacións de ningún tipo.

Sistema operativo para navegación por Internet

Como evitamos o JAVA-GEDON?

No caso que nos ocupa, de momento podemos trampear seguindo estas sinxelas instrucións:

Como habilitar Java en Google Chrome

  1. Abrimos o Chrome
  2. Escribimos na barra de enderezos: chrome://flags/#enable-npapi
  3. Prememos: Habilitar NPAPI
  4. Finalmente  reiniciaremos o navegador (Fechar e volver a abrir Chrome).

É unha solución definitiva?

Pois para os fans de Chrome teño malas novas. Non é unha solución definitiva. De feito en setembro de 2015, o navegador de Google deixará de soportar os plugins NPAPI, co cal non se poderá acceder a servizos  tan innecesarios coma os da Agencia Tributaria (AEAT), e LexNET.

->  Rapportive: Conecta cos teus contactos en Linkedin cun click