O pasado día 17 , a suíza Wuala, unha das pioneiras dos servizos de almacenamento seguro na nube anunciou o cesamento da súa actividade.

Na nota, indicaron a planificación do feche que seguirá esta orde:

  1. 17 de agosto de 2015 – Non se poderán adquirir nin renovar máis servizos.
  2. 30 de setembro de 2015 – O servizo Wuala tornarase de só lectura.
  3. 15 de novembro – Wuala finalizará definitivamente e todos os datos almacenados na súa nube serán eliminados.

Tresorit a alternativa recomendada como almacenamento seguro na nube

Tresorit - Almacenamento e sincronización seguras na rede

Se cadra o máis salientable ademais do impacto da nova en si mesma, é a recomendación de outra solución con base no país helvético para os seus usuarios: Tresorit. O seu CEO Istvan Lam nunha entrada no blog oficial de Tresorit dicía:

Estamos moi orgullosos de que Wuala recomende Tresorit aos seus usuarios para manter os seus ficheiros seguros tralo peche de Wuala.

Tresorit é actualmente a mellor solución de sincronización e almacenamento seguro na nube. Entre as súas  ofrecendo:

  • 1 TB de almacenamento cifrado.
  • Cifrado das comunicación extremo a extremo.
  • Soporte para autenticación de 2 pasos (2-step authentication).
  • Seguridade probada.  Ofreceron $50.000 a 1.000 hackers de 49 países para que tentaran acceder a Tresorit. Ningún o conseguiu.
  • Permisos para limitar a edición e compartición.
  • Niveles de acceso granulares, decide quen pode copiar, enviar por e-mail, imprimir, compartir e incluso capturar a pantalla dos teus documentos.
  • Envío de ficheiros con contrasinal.
  • Políticas de control de acceso e compartición.
  • Monitorización de actividade de equipos.
  • Sincronización de ata 10 dispositivos, puidendo ser PC (Windows ou Linux), Mac ou dispositivos móbiles, tablets ou smartphones soportando os catros sistemas operativos máis espallados no mercado actualmente: Android, iOS, WindowsPhone e Blackberry.
  • Eliminación remota de datos en dispositivos móbiles.
  • Acceso web con posibilidad de carga de ficheiros.
  • Datacenters certificados seguros en Europa, cumprindo a normativa da U.E. de seguridade de datos, e por tanto a LOPD.
->  Como xestionar dúas contas Instagram no mesmo dispositivo móbil

Calquera profesional precisa de ter os seus datos seguros ao tempo que accesibles desde calquera lugar. Colectivos con datos sensibles coma médicos  e avogados deben valorar opcións deste tipo para securizar a súa información.

Tresorit - Almacenamento seguro na nube

Chama a TICgal para informarte sobre o servizo  e instalación do almacenamento seguro na nube Tresorit.

Preme para chamar