Agora que xa pasou, é o momento de comentar a experiencia de onte no Puntazo Exprés.

Que é o Puntazo Exprés

É un apartado do Pont-up Store, unha iniciativa de apoio ao emprendemento, nel danche a oportunidade para realizar a presentación dun novo proxecto en funcionamento, diante de 4 persoeiros de diferentes empresas ou entidades galegas de renome, seguindo esta dinámica:

  1. Unha exposición pública. Nesta ocasión foi na Casa das Campás de Pontevedra, sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
  2. Cada poñente ten 5 minutos para defender o seu proxecto, produto ou servizo.
  3. Ao finalizar cada un dos escoitantes da a súa opinión e ideas ou consellos.

Quen foron os escoitantes

Ademais do público que asistiu libremente ás presentacións, 4 eran os principais:

  • Uxía Fontán Lago, Social Media & Inbound Marketing Director en Roi Scroll
  • Carlos Suárez Rey, Socio e Director Xeral de EDISA
  • Tomás Casquero Cimadevila, Director Xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra
  • Jessica Rey Gómez , Responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda

Que presentei

O noso servizo estrela é GLPI. Isto non tiña dúbida.

TICgal-GLPI-Puntazo-Expres-pontupstore

Cando contactas con alguén do sector TI, aínda que non coñeza GLPI, ten as mesmas necesidades que os demais; inventariar os seus activos e xestionar as peticións: solicitudes e incidencias, que se derivan da utilización dos mesmos. É sinxelo explicar que fai. Porén, se tentas explicarllo a alguén alleo, o reto é ben diferente.

O desafío real pasaba por condensar en 5 minutos:

  1. Que é e para que sirve un inventario e un centro de atención a usuarios
  2. Que é GLPI
  3. Que facemos en TICgal
->  CVE-2022-35914 e como podería verse afectado o ecosistema GLPI

A presentación sen explicación non serve de moito máis aquí queda por se che interesa.

Click on the button to load the content from docs.google.com.

Load content

Se cadra o vídeo promocional é máis explicativo:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

O formato é correcto?

A xeito de crítica construtiva, paréceme que o formato require unha pequena reformulación. 2 horas longas é moito tempo para manter a atención de público e escoitantes. Penso sinceramente, que unha destas pequenas modificacións, reduciría a súa duración e aumentaría inversamente o valor da actividade:

  1. Reducir o número de proxectos a 5 ou 6 para que a súa duración non superara en moito unha hora.
  2. No caso de non quere diminuír o número de dividilos en dous bloques, ben cun descanso, ben a horas diferentes.

Repetirías?

Por pura lóxica non é posible presentarse dúas veces, nun evento deste tipo, mais se puidera: Sen dubidalo.

Son moi crítico con todo o rebumbio xerado ao redor do mundo do mal chamado emprendemento. O meu pensamento seméllase moito ao deste artigo de Jose María Alarcón. Agora que, como empresa, calquera plataforma de promoción é benvida. Obrigache a concretar ideas, a presentalas en público, a unha audiencia que probablemente sexa lega na túa área. Ese traballo vas aproveitalo para sempre, e non só no teu desempeño profesional, tamén no resto da túa vida. Súmalle as recomendacións de persoas que levan máis tempo ca ti no ámbito empresarial e se non estás convencido, xa non sei que máis che dicir :).

Se estás a pensar en presentarte nunha vindeira edición, só che podo dar un consello: adiante.

->  1º Aniversario: TICgal informática para empresas fai o seu primeiro ano de vida

Agradecementos

Finalmente quero agradecer publicamente a Evelio Sánchez membro da organización, por ser o culpable de que presentásenos a nosa candidatura e personalizar en Beatriz Lourido, Secretaría Técnica do Puntazo Exprés no Pont-Up Store.

Longa vida ao Pont-up Store!