Agora que xa pasou, é o momento de comentar a experiencia de onte no Puntazo Exprés.
Que é o Puntazo Exprés
É un apartado do Pont-up Store, unha iniciativa de apoio ao emprendemento, nel danche a oportunidade para realizar a presentación dun novo proxecto en funcionamento, diante de 4 persoeiros de diferentes empresas ou entidades galegas de renome, seguindo esta dinámica:
- Unha exposición pública. Nesta ocasión foi na Casa das Campás de Pontevedra, sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo
- Cada poñente ten 5 minutos para defender o seu proxecto, produto ou servizo.
- Ao finalizar cada un dos escoitantes da a súa opinión e ideas ou consellos
Quen foron os escoitantes
Ademais do público que asistiu libremente ás presentacións, 4 eran os principais:
- Uxía Fontán Lago, Social Media & Inbound Marketing Director en Roi Scroll
- Carlos Suárez Rey, Socio e Director Xeral de EDISA
- Tomás Casquero Cimadevila, Director Xeral da biotecnolóxica galega Hifas da Terra
- Jessica Rey Gómez , Responsable de marketing en Casa Grande de Xanceda
Que presentei
O noso servizo estrela é GLPI. Isto non tiña dúbida. Cando contactas con alguén do sector TI, aínda que non coñeza GLPI, ten as mesmas necesidades que os demais; inventariar os seus activos e xestionar as peticións: solicitudes e incidencias, que se derivan da utilización dos mesmos. É sinxelo explicar que fai. Porén, se tentas explicarllo a alguén alleo, o reto é ben diferente. O desafío real pasaba por condensar en 5 minutos:- Que é e para que sirve un inventario e un centro de atención a usuarios
- Que é GLPI
- Que facemos en TICgal
A presentación sen explicación non serve de moito máis aquí queda por se che interesa.
Se cadra o vídeo promocional é máis explicativo:
O formato é correcto
A xeito de crítica construtiva, paréceme que o formato require unha pequena reformulación. 2 horas longas é moito tempo para manter a atención de público e escoitantes. Penso sinceramente, que unha destas pequenas modificacións, reduciría a súa duración e aumentaría inversamente o valor da actividade:
- Reducir o número de proxectos a 5 ou 6 para que a súa duración non superara en moito unha hora.
- No caso de non quere diminuír o número de dividilos en dous bloques, ben cun descanso, ben a horas diferentes.
Repetirías?
Por pura lóxica non é posible presentarse dúas veces, nun evento deste tipo, mais se puidera: Sen dubidalo.
Son moi crítico con todo o rebumbio xerado ao redor do mundo do mal chamado emprendemento. O meu pensamento seméllase moito ao deste artigo de Jose María Alarcón. Agora que, como empresa, calquera plataforma de promoción é benvida. Obrigache a concretar ideas, a presentalas en público, a unha audiencia que probablemente sexa lega na túa área. Ese traballo vas aproveitalo para sempre, e non só no teu desempeño profesional, tamén no resto da túa vida. Súmalle as recomendacións de persoas que levan máis tempo ca ti no ámbito empresarial e se non estás convencido, xa non sei que máis che dicir :).
Se estás a pensar en presentarte nunha vindeira edición, só che podo dar un consello: adiante.
Agradecementos
Finalmente quero agradecer publicamente a Evelio Sánchez membro da organización, por ser o culpable de que presentásenos a nosa candidatura e personalizar en Beatriz Lourido, Secretaría Técnica do Puntazo Exprés no Pont-Up Store.
Longa vida ao Pont-up Store!
Deixa unha resposta