TICGAL

Como xestionar dúas contas Instagram no mesmo dispositivo móbil

Las dos apps de instagram ejecutándose simultáneamente

Como xestionar dúas contas Instagram no mesmo dispositivo móbil

Instagram foi a rede social que máis medrou en 2013 e aínda continúa a estar no Top 3 do 2014, polo que non nos queda outra que estar aí. O problema é que aínda que temos varias ferramentas para xestionala, a publicación de contidos só pode realizarse seguindo estes dous requirimentos:

  • Dende un dispositivo móbil
  • Utilizando as aplicacións oficiais de Instagram para iOS e Android.

Cando o que xestionas é a túa conta persoal non hai problema, pero que lles pasa aos profesionais da xestión de medios sociais? Precisan dun dispositivo por conta!

Para solucionar esta limitación, das profundidades dos foros de XDA-Developers, unha mítica comunidade de referencia para os usuarios de Android e agora tamén de Windows Phone 8, chegou Me-Nex S que tivo a xentileza de desenvolver e compartir un clon de Instagram que pode convivir no teu smartphone coa aplicación oficial, de xeito que podamos publicar desde dúas contas Instagram co mesmo móbil.

dúas contas instagram nun móbil

Instruccións para instalar dúas contas Instagram

[box type=”warning”] Aviso: Non teño nada que ver co usuario, e se instalas esta “app” é baixo a túa responsabilidade.[/box]

Dito isto, eu téñoa instalada, os permisos que pide son os mesmos que a oficial e non notei nada estraño.

Imos aló:

  1. No noso dispositivo android iremos a Ajustes > Seguridad
  2. Marcaremos o check Orígenes desconocidos
  3. Seguidamente dirixirémonos a un navegador e premeremos na ligazón: InsTwoGram ou tecleamos nun navegador http://bit.ly/ins2gram
  4. Acabaredes descargando un ficheiro con este nome: Instwogram-com.instagram.androidbh-2063616-v5.1.4.apk  que abriredes realizando unha instalación normal. Actualización: Recomendada versión 6.11.2
  5. Só resta engadir a nova conta et voilà!
  6. (Opcional) Non é obrigatorio pero recomendo desmarcar o check Orígenes desconocidos en Ajustes > Seguridad unha vez rematada a instalación.

Para os que non lles quedara claro, tamén fixen un pequeno vídeo cos pasos:

You are currently viewing a placeholder content from YouTube. To access the actual content, click the button below. Please note that doing so will share data with third-party providers.

More Information

Observacións

Dende o meu punto de vista é unha marabilla, e só resta comentar un par de cousiñas:

  • Ollo coas contas! Unha vez aberta, a aplicación non se diferencia da oficial, e é moi doado trabucarse e publicar na conta que non é.  Unha solución é botarlle a culpa á aplicación, eu recomendo revisar ben a conta dende onde estás a publicar.

2-instagram-1-mobil-2

  • A versión 5.1.4 pode publicar vídeo e as 6.X non. É por iso que utilizo a 5. A versión 6.11.2 liberada fai poucos días é 100% funcional.

Que tal che foi? Útil non é? Pois comenta e comparte 😉

Share this post

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

4 × 1 =

Protected by Spam Master