Agora que Instagram semella que se vai animar a permitirnos publicar en varias contas simultaneamente, aproveito para rematar esta entrada que ampliaría  a de fai uns meses, a de fai uns meses na que se amosaba, paso a paso, como instalar un clon de Instagram nun dispositivo móbil, que nos permitiría publicar en dúas contas desde o mesmo smartphone.

Nesta ocasión tamén temos que agradecerllo a outro usuario de XDAdevelopers: yos4ever.

5 Instagrams 1 smartphone task manager

Instrucións de instalación dos clons de Instagram

Aviso: Non teño nada que ver co usuario, e se instalas esta “app” é baixo a túa responsabilidade.

As guía detallada están na anterior entrada, e ven sendo igual, agás os clons que foron renomeados inicialmente coma:

  • Instrigram
  • Insfourgram
  • Ins5tagram

e recentemente coma:

  • INSTA2GRAM
  • INSTA3GRAM
  • INSTA4GRAM
  • INSTA5GRAM

Para os máis impacientes estas serían as  instrucións express:

  1. Activar: Origenes desconocidos (en Axustes > Seguridade)
  2. Descargar, descomprimir (pide un contrasinal: menexyos4ever) e executar o apk.
  3. Listo!!!

Lembrade que é moi recomendable desactivar: Orígenes desconocidos, unha vez rematada a instalación.

5 Instagrams 1 smartphone

Comentarios

  • Eu prefiro utilizar Instwogram que Insta2gram porque o desenvolvedor é máis activo e actualiza a aplicación habitualmente.
  • Pola mesma razón non teremos unha versión recente dos clons de Instagram a última versión e de decembro de 2014, pero poder publicar con calquera é un luxo.
  • Coidado con automatizacións de Hootsuite, por exemplo, ou integracións con outras aplicacións móbiles coma, Regram, NoCrop, etc. porque  é moi difícil saber a que App estás a enviar a imaxe e é moi doado meter a zoca.

Un truco final

Como proba de concepto cheguei instalar 6 contas nun só dispositivo (un vello Samsung Galaxy S), mais sería posible utilizar ata 9 contas, cos 8 clons dispoñibles na actualidade, dado que as versións vellas de yos4ever tiñan outros nomes. Aquí tes a relación de apps a instalar por se te animas.

  1. Instagram (la oficial)
  2. Instwogram
  3. Instrigram
  4. Insfourgram
  5. Ins5tagram
  6. INSTA2GRAM
  7. INSTA3GRAM
  8. INSTA4GRAM
  9. INSTA5GRAM
->  Como xestionar dúas contas Instagram no mesmo dispositivo móbil

Tentáchelo? e o máis importante, conseguíchelo?