Praza cuberta – Grazas
O noso problema
- Seguimos a medrar e precisamos axuda co papeleo (iso que fuximos do papel fisico coma do lume).
O que buscamos
- Alguén que nos axude co traballo administrativo: facturas, albarás, pedidos, orzamentos, inventario…
- Xeitoso ou xeitosa. Ao final vas relacionarte con clientes, fornecedores e administración.
- Capacidade de traballo en equipo.
O que valoramos
- Ter traballado nunha empresa tecnolóxica. Coñecer o noso sector.
- Ter utilizado Dolibarr.
- Experiencia traballando con contabilidade analítica
- Ser organizada/o.
- Ter coñecementos de inglés, pero non inglés medio. Do you know what I mean?
- Outras línguas tamén está ben: francés, portugués…
O que ofrecemos
- Media xornada (inicialmente)
- Flexibilidade horaria
- Posiblidade de traballo remoto
- Mesmo aínda que poidas traballar en remoto non poderá ser sempre. É por isto que preferimos que vivas en Pontevedra ou arredores.
- Unirte a unha microempresa
- Equipo pequeno e un pouco friqui
- Incorporación inmediata
- Formación
- Café, cacao, infusións…
Leave a Reply