Auxiliar administrativo – (Finalizado)

Auxiliar administrativo – (Finalizado)

Praza cuberta – Grazas

O noso problema

  • Seguimos a medrar e precisamos axuda co papeleo (iso que fuximos do papel fisico coma do lume).

O que buscamos

  • Alguén que nos axude co traballo administrativo: facturas, albarás, pedidos, orzamentos, inventario…
  • Xeitoso ou xeitosa. Ao final vas relacionarte con clientes, fornecedores e administración.
  • Capacidade de traballo en equipo.

O que valoramos

  • Ter traballado nunha empresa tecnolóxica. Coñecer o noso sector.
  • Ter utilizado Dolibarr.
  • Experiencia traballando con contabilidade analítica
  • Ser organizada/o.
  • Ter coñecementos de inglés, pero non inglés medio. Do you know what I mean?
  • Outras línguas tamén está ben: francés, portugués…

O que ofrecemos

  • Media xornada (inicialmente)
  • Flexibilidade horaria
  • Posiblidade de traballo remoto
  • Mesmo aínda que poidas traballar en remoto non poderá ser sempre. É por isto que preferimos que vivas en Pontevedra ou arredores.
  • Unirte a unha microempresa
  • Equipo pequeno e un pouco friqui
  • Incorporación inmediata
  • Formación
  • Café, cacao, infusións…

Share this post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 + 5 =

Protected by Spam Master