Quen non se preguntou algunha vez a que se adica ou como é esa persoa coa que cruza mensaxes de correo electrónico continua ou ocasionalmente?. Recoñezámolo: todos. Se tes unha conta de Gmail e ademáis utilizas como navegador Firefox ou Chrome estás de sorte, porque vas adorar esta extensión chamada Rapportive.
Pero que é o que fai exactamente Rapportive?
A orixe do nome ven de Rapport, unha palabra de orixe francés, adoptada polos anglofalantes, que significa boa relación, dun xeito informal poderiamos dicir bo rollo.
O que fai Rapportive é simplemente amosar información dos teus contactos recollida do perfil de LinkedIn e facilitar a conexión nesa rede social, sen saír da túa caixa de entrada e sen custo.
Como curiosidade comentarei que comezou como unha startup máis, no ano 2010 e en 2012 LinkedIn adquiriuna pola nada desprezable cifra de 15 millóns de dólares.
Como se instala e funciona?
A instalación é trivial, non hai máis que premer nesta ligazón e seguir os pasos. Alternativamente, sería posible buscar entre os complementos de Mozilla Firefox, ou nas extensión da Chrome Webstore. Tan sinxelo que nin sequera é preciso reiniciar o navegador.
E como o movemento demóstrase camiñando, aquí tedes un exemplo do seu funcionamento. Para as prácticas do Curso de Experto en Community Management enviaron esta mensaxe co correo electrónico do relator da 3ª sesión. Unha vez instalada a extensión Rapportive só é preciso pasar o rato por riba do enderezo, e xa teremos acceso á información básica do seu dono, xunto a nome, posto de traballo actual, e contactos comúns, ademais de botón de conectar.
Para solicitar ser engadido á rede profesional do noso obxectivo Jorge Lama Varela, só temos que premer o botón CONNECT, escribirmos unha mensaxe orixinal (evitemos o uso das preconfiguradas) e agardar que nos acepte.
Por certo, se aínda non estás en LinkedIn non sei a que agardas.
Leave a Reply