TICGAL

Nova promoción de Zabbix Certified Specialists & Professionals

zabbix certified specialist training pontevedra galicia spain

Nova promoción de Zabbix Certified Specialists & Professionals

Que ten en común un clube de futbol, un banco, unha aeroliña e unha das industrias textiles máis grandes do mundo? A resposta é:

[button link=”https://zabbix.com” type=”big” color=”red” newwindow=”yes”] Zabbix [/button]

F.C. Barcelona, ING, Air Europa ou Inditex entre moitras outras empresas, organismos e institucións en todo o mundo, utilizan esta solución de monitorización de código abierto de orixe letona. Por segunda vez, TICgal organizou con éxito uhna formación altamente especializada en castelán na cidade de Pontevedra. Zabbix trainings in the world

Mais, que é Zabbix?

Trátase dunha solución de software deseñada para a monitorización en tempo real de millóns de métricas enviadas desde servidores, máquinas virtuais, e en xeral calquera dispositivo de rede. Permite:

  • recoller e procesar información de servizos, aplicacións ou bases de datos, utilizando protocolos estándar como SNMP e IPMI.
  • enviar alertas por correo electrónico, mensaxes de texto ou jabber, sendo posíbel estender a funcionalidade a outros medios de notificación como Whatsapp ou Telegram e mesmo chamadas telefónicas.
  • crear taboleiros (dashboards) que permitan visualizar indicadores e alertas.
  • presentar tendencias (trends) que anticipen o estado de servizos ou a necesidade de ampliación de recursos.
  • realizar accións correctivas en resposta a disparadores (triggers) programados para ese efecto.

En xeral podemos dicir de Zabbix que, se ten IP pódese monitorizar.

Por exemplo, na imaxes vemos coma o Estadio Municipal Paulo Machado de Carvalho, coñecido coma Estadio Pacaembú, lugar utilizado eventualmente polo Santos Futebol Clube de São Paulo (Brasil), monitoriza o acceso de público ao campo por cada un dos seus tornos, amosando de maneira gráfica a ocupación das bancadas por medio de Zabbix.

Ejemplo de Monitorización Zabbix

A formación Zabbix

Durante unha semana, concentrámonos na sede de Afundación de Pontevedra, onde se levaron a cabo dúas formacións e as súas correspondentes certificacións:

  1. Zabbix Certified Specialist
  2. Zabbix Certified Professional

Debido á escaseza de oportunidades formativas especializadas deste tipo, achegáronse á cidade do Lérez administradores de sistemas desde todos os recantos da xeografía estatal: Mallorca, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Asturias e Madrid, sen esquecer a Thiago, o formador, que se desprazou desde Porto Alegre exclusivamente para esta formación.

  Access Transparency: A user activity monitoring plugin for GLPI 11

zabbix certified professional training pontevedra galicia spain

Lembra:

[bctt tweet=”Se ten IP pódese monitorizar con Zabbix” username=”ticgalcom”]

Grazas a Código Cero por facerse eco da nova.

Share this post

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

twenty − five =

Protected by Spam Master