Ben, mais que é o CeBIT?
O CeBIT é a feira TIC máis grande do mundo, que se celebra anualmente no mes de marzo en Hannover (Alemania). É como unha pequena cidade, que ocupa case as 50 Ha de pavillóns onde se amosan as tendencias tecnolóxicas que veñen ou que xa están aquí.
Tendencias tecnolóxicas
IoT (Internet das cousas) e IoE (Internet de todo) e Realidade Virtual (VR), domótica, Biohacking (isto da moito medo), SDS.
Despois do SDN, chega con forza o Software Defined Storage. Solucións de almacenamento agnósticas para almacenar o Big Data na nube. Como curiosidade comentarei que me parei a ver que era iso do SDS (Software-Defined Storage) diante do stand de FreeStor. Déronme un prezo por GB moi interesante e quedaron coa miña tarxeta de visita. Chamaron esta mañá, e o mínimo que ofrecen son 60 TB. E claro, teñen como clientes a Telefónica. De momento, quédame un pouco grande de máis.
Como non tamén estaban os grandes facendo alardes:
As Startups
Apartamos aos big players e imos con quen podemos tratar de ti a ti. Un bo feixe de emprendedores compartían o seu espazo bastante xuntiños. Para min, sen dúbida o máis interesante do CeBIT. Velos chegaods de todo o mundo: Túnez, India, Corea, etc presentando o seu proxecto foi unha experiencia realmente emocionante.
Ademais había un ring. Si, un ring de loita, pero de loita verbal. Emprendedores alemáns rifaban a modo de regueifa, de modo alternativo e cun tempo limitado, defendendo cadanseu proxecto. (Nota mental: auntarse a un curso de alemán).
- Fileee: Unha solución de dixitalización co móbil. E o seu FileeeBox unha caixa e soporte para automatizar a dixitalización de documentos.
- Tagibear: Seguimento de etiquetas en redes sociais. Podes vela en acción aquí.
Outros máis coñecidos
- Bitdefender: A mellor solución antimalware do mercado para contornas híbridas, do que TICgal é Silver Partner
- Zabbix: A solución de monitorización de código aberto da que organizamos a primeira formación en España.
- Terra: IT Made in Germany. Equipos de alta calidade, feitos en Alemania. como puiden comprobar na visita ás súas instalacións. E a súa nova nube TerraCloud que pronto espero engadir aos servizos ofrecidos por TICgal.
Drones!
Un pavillón completo adicado a estes trebellos voadores que cada vez están máis presentes nas nosas vidas.
DroneMasters patrocinaba boa parte do espazo dispoñible, onde foi montado un circuito e unhas gradas para ver competicións de drons. Desde logo é un deporte con futuro. Gymkanas con todo tipo de obstáculos e mesmo espectaculares carreiras de a dous, deron un espectáculo visual difícil de seguir, onde o zoar destes aparellos alertaba poucos segundos antes do seu inminente paso.
No resto do recinto, todo tipo de drons, desde os que collen na palma da man ata outros equipados de xeito profesional, e utilizados en todo tipo de campos, desde a televisión ata a realización de traballos topográficos.
Robots!
CeBIT nas redes sociais
- Case 57000 tuits
- Case 19000 participantes
- 217 millóns de impresións
Máis nada
Non podo esquecer agradecer a Wortmann AG e especialmente a Heike e tamén a Heimlich o convite para visitar as súas instalacións en Hüllhorst, incluida a visita ao Datacenter onde está aloxado Terra Cloud, e a oportunidade de poder poñer as mans a súa liña de produtos.
Deixa unha resposta