Non hai tanto que o noso compañeiro de prácticas Juan Javier, publicou un extenso artigo de novidades para GLPI 10. Nesta ocasión ofrecémosvos o contido en vídeo e a presentación que realicei esta mesma mañá en Compostela.
De novo volvemos falar do GLPI na Cidade da Cultura da man de Agasol e Gaiás Tech. Nin un ano pasou desde a última palestra, pero a saída do GLPI 10 cambiouno todo, e ben, despois de confinamentos, pandemias e demais xa presta saires da oficina.
O título?
Necesitas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10
Un breve resume dos asuntos tratados sería o seguinte:
- Breve presentación de GLPI
- Novidades GLPI 10
- Caso de éxito: Ayuntamiento de Córdoba, comentado en primeira persoa por Edmundo Sáez.
- Novos proxectos TICgal para GLPI
Nesta última parte falei brevemente de:
- (WIP) PoC con AWS Connect para crear un bot en GLPI que:
- Resolva cuestións básicas
- Devolva informacíón sobre tickets
- Permita abrir tickets
- (WIP) Integración Ivanti
- (WIP) Integración Zabbix
- Vehicle – Waypoints – Actualtime y Gapp. Trazabilidad de desplazamientos e información de viajeros y kilometraje de vehículos.
- Integración Autofirma
- Asset Life Cycle
- Integración 3CX
- Como no, Gapp 2 e as novidades que temos ademáis da compatibilidade con GLPI 10.
Imos logo coa prometida presentación:
E finalmente coa a gravación do evento:
Novamente agradecer publicamente a Agasol por promover o evento, a GaiásTech e en particular a Sergio pola organización destas xornadas, e a Edmundo por animarse a compartir con todos a súa experiencia con GLPI.
Deixa unha resposta