Disque ao chegar a unha idade o tempo pasa voando, e debe ser certo porque sen darme conta pasou un ano.
O comezo foi bastante forte, organizar a primeira formación Zabbix en español de Europa (e terceira en Español do mundo) é algo que aínda da vertixe ao mirar atrás. Non teño máis que agradecementos para Jelena Turulina de Zabbix SIA pola súa paciencia e empeño en que saíra adiante este ambicioso proxecto nunha vila remota (se temos en conta como se pode ver Pontevedra dende Riga). Tamén ao noso formador Luciano Alves de Unirede que voou ex profeso desde Porto Alegre para transmitir o seu coñecemento e experiencia desta incrible ferramenta de monitorización de código aberto. E por suposto aos asistentes, os meus compañeiros certificado Zabbix, unha xente fantástica coa que compartín unha intensa semana.
Vese que fun quen de transmitir algo da terra, cando xunto cos bos desexos para o ano novo, chegou esta foto desde un supermercado brasileiro.
Despois unha chea de pequenos proxectos máis, e a laboriosa formación dunha carteira de produtos axeitada para os clientes, entre eles este ano acadamos ser partners ou distribuidores de:
- Bitdefender EndPoint Security: Mellor software antivirus para clientes Windows para Empresas.
- Tresorit: A solución de almacenamento e sincronización segura na nube.
- FactuSOL, TPVSol, GestorSOL, ContaSOL e NPreventa! as solucións de facturación, contabilidade e movilidade de Software DelSol.
Fago un apartado especial para o recén chegado 2xMDM en Pontevedra: a xestión de dispositivos móbiles (Mobile Device Management). Por menos de 2 euros ao mes por dispositivo, localiza onde e cando estivo, bloquea instalación de aplicacións, envío de mensaxes directas, de enderezos, control de chamadas, bloqueo e eliminación de datos remoto, e moito máis.
Para non alongarme moito, agradecer aos clientes que elixiron confían en TICgal informática para empresas durante este sempre complexo primeiro ano e anticiparllas aos que de seguro, durante este ano se lles unirán.
Finalmente quero e presentarvos ao novo técnico de soporte. É o segundo mellor do mundo e aparecerá sempre que teñamos un problema 404 ;).
Deixa unha resposta