TICGAL

Chegoume un documento desde Signaturit. Que fago?

Signaturit Logo

Chegoume un documento desde Signaturit. Que fago?

Dende que comezamos a traballar con Signaturit enviamos todos os nosos orzamentos a través desta plataforma de firma electrónica avanzada. A verdade é que a ferramenta é moi sinxela de utilizar, pero seguimos recibindo consultas sobre como realizar determinadas accións, así que decidimos que unhas breves instrucións serán de utilidade xeral.

¿Qué é Signaturit?

É unha ferramenta que nos axuda a automatizar a xestión e firma de calquera contrato ou documento, axilizando e simplificando os trámites. O documento poderase:

  • firmar
  • descargar
  • declinar

En calquera momento, desde calquera dispositivo: tablet, móbil ou PC, sen necesidade de realizar ningunha instalación adicional. O único requisito é simplemente posuír un navegador actualizado.

A firma realízase da mesma forma á que se faría sobre un papel. Realizando un trazo e a firma biométrica quedará rexistrada.

Finalmente, unha vez firmado o documento, recibirás unha copia no teu correo electrónico. Fácil, ¿non?

Pasos a seguir para realizar unha firma a través de Signaturit

  • Recibirás un correo electrónico dende unha dirección con dominio Signaturit. Deberás abrir o correo e facer clic sobre o botón:

[botón tipo=”grande” cor=”verde”]Asina agora[/botón]

Abrirase unha nova ventá na que accederemos á plataforma de signaturit. Clicamos sobre comezar para acceder ao documento.

Neste momento debemos aceptar a política de privacidade e o tratamento de datos persoais biométricos. Para iso marcaremos as caixas correspondentes e aceptaremos premendo sobre o botón.

Na parte superior esquerda temos o menú hamburguesa de Accións.

Dende el poderemos acceder a información sobre o documento, solicitante, correo electrónico de contacto e nome do documento.

Dende este menú tamén poderemos descargar o documento.

e declinar a firma no caso de que non estemos de acordo co documento (esta opción ao igual que a firma non se pode desfacer).

  Máis fermosa, máis sinxela! a nova interface de usuario en GLPI 11!

Para continuar coa firma debemos pulsar sobre a opción encher na parte superior da pantalla. Esta acción levaranos á área correspondente da firma sombreada sobre a que deberemos clicar.

  • Aparecerá unha nova pantalla cun código QR, que poderemos escanear para realizar a firma dende un dispositivo móbil, ou ben utilizar o cadro en branco para proceder á firma directamente. No caso de querer repetir o trazado realizado, podemos borralo premendo sobre o botón correspondente.

Firma biométrica con Signaturit

Unha vez que o trazado sexa o desexado, aceptaremos. Agora podemos ver o resultado final do documento.

Exemplo de orzamento para firma en Signaturit

Para finalizar enviamos o documento e a confirmación aparecerá en pantalla.

Firma realizada con éxito en Signaturit

Unha vez realizados estes pasos, recibiremos un novo correo electrónico confirmando a firma e unha copia do documento adxunto.

Copia do documento asinado con Signaturit chegando ao teu correo electrónico

Outras preguntas?

A firma deses documentos ten validez legal?

Por suposto. Debes asinar unicamente con aquilo co que estés de acordo. Obtén máis información sobre a validez das firmas na páxina de Signaturit.

Por que me chega desde esa dirección?

No noso caso todas as notificacións chegarán dende oscar.ticgal@signaturit.com. Outros clientes poderían utilizar direccións diferentes.

Por que me seguen chegando avisos de Signaturit?

No noso caso todos os documentos subidos á plataforma teñen unha validez de 30 días e envíase un recordatorio de firma semanal ata que se realice unha das dúas accións:

  • Asinar
  • Declinar

Un escenario habitual é o envío de varios orzamentos para que sexa escollido un. Unha vez asinado o elixido, o ideal é declinar os outros para evitar que cheguen máis notificacións.

Podo declinar unha firma?

Se non tes dúbida de que non vas a asinar o documento, o mellor é que o declines. No menú hamburguesa de arriba á dereita Accións > Declinar. Lembra que:

  • esta acción é irreversible (se non estás seguro non declines)
  • debes engadir un motivo para declinalo

Tedes unha integración de Signaturit e GLPI?

Así é. Creamos para enviar os documentos de entrega, devolución e substitución de material xerados dende o noso plugin Asset Handover, pero as capacidades de saber se o documento foi recibido, se abriu o correo electrónico de notificación ou se abriu o orzamento, convérteo nunha ferramenta comercial moi potente. Por este motivo, enviamos os nosos orzamentos a través dela, ademais de contratos de confidencialidade e en xeral calquera documento interno que deba ser asinado polos meus compañeiros e compañeiras.

  Viva Gapp 2.8!: A mellor solución de mobilidade GLPI segue a evoluir

A raíz do éxito de Asset Handover, a súa versión máis completa Asset Life Cycle tamén posúe integración con Signaturit.

Hai algún vídeo onde poida ver paso a paso as opcións?

Alégrame que fagas esa pregunta :).

You are currently viewing a placeholder content from YouTube. To access the actual content, click the button below. Please note that doing so will share data with third-party providers.

More Information

Share this post

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

9 − 9 =

Protected by Spam Master