Os tempos son chegados. Hoxe é o día longamente anunciado por Microsoft e que afectará aínda a un bo número de PEMEs que non planificaron o cambio do seu vello servidor. Ese trebello que mercaron xa fai uns aniños e ao que non se lle fai moito caso, agás cando os empregados están parados por mor dunha avaría de calquera tipo. Tanto se cho parece coma se non, xa traballou suficiente e se lle queres á túa empresa non che vai quedar outra que facerlle caso aos amigos de Redmond.
Que significa fin de soporte de Windows Server 2003?
Que o servizo de soporte técnico que Microsoft fornece fornecía ao servidores con sistema operativo Windows Server 2003 ou Windows Server 2003 R2 finaliza hoxe 14 de xullo de 2015. Isto implica entre outras cousas que non se xa non proporcionarán máis actualizacións. Fíxate no que supón:
Non haberá máis actualizacións
Microsoft xa deixou de desenvolver e publicar actualizacións agora que rematou o soporte técnico. Nin vía Windows Update, WSUS ou de calquera outro xeito, nin revisións, nin parches. Nada.
A partir de hoxe cada nova vulnerabilidade descuberta, quedará sin resolver comprometendo a seguridade de toda a túa infraestrutura.
Incrementarase o gasto TIC
O custo de mantemento dun equipo antigo é coma o dun coche, increméntase proporcionalmente co tempo. Cos anos as avarías son máis habituais e as pezas cada vez máis difíciles de atopar e o rendemento, prestacións necesarias increméntanse, chegando un momento no que deixan de ser asumibles.
Non cumprirás coa a normativa
Se o teu servidor non é seguro, como estarán os teus datos. Seguramente o teu negocio incumpra a maioría das normativas y regulacións do sector.
Teño un servidor vello, que podo facer?
Entre as solucións dispoñibles están os microservidores, licencias Foundation ou Essentials de Microsoft Windows 2012 R2 cun custo moi axustado para grupos de traballo ou dominios pequenos.
Podes chamar ao teu servizo informático de confianza, aínda que se non che avisou con anticipación deste importante problema que che caeu enriba, se cadra non deberías fiarte tanto del.
Outra opción, se cadra a máis intelixente ;), é chamar a TICgal ao 986101000 e que se encargue de todo.
[button link=”tel:986101000″ type=”big”]Preme para chamar a TICgal[/button]
Deixa unha resposta