Administrativo
Pontevedra
Publicado fai 2 anos

Praza cuberta – Grazas

O noso problema

  • Seguimos a medrar e precisamos axuda co papeleo (iso que fuximos do papel fisico coma do lume).

O que buscamos

  • Alguén que nos axude co traballo administrativo: facturas, albarás, pedidos, orzamentos, inventario…
  • Xeitoso ou xeitosa. Ao final vas relacionarte con clientes, fornecedores e administración.
  • Capacidade de traballo en equipo.

O que valoramos

  • Ter traballado nunha empresa tecnolóxica. Coñecer o noso sector.
  • Ter utilizado Dolibarr.
  • Experiencia traballando con contabilidade analítica
  • Ser organizada/o.
  • Ter coñecementos de inglés, pero non inglés medio. Do you know what I mean?
  • Outras línguas tamén está ben: francés, portugués…

O que ofrecemos

  • Media xornada (inicialmente)
  • Flexibilidade horaria
  • Posiblidade de traballo remoto
  • Mesmo aínda que poidas traballar en remoto non poderá ser sempre. É por isto que preferimos que vivas en Pontevedra ou arredores.
  • Unirte a unha microempresa
  • Equipo pequeno e un pouco friqui
  • Incorporación inmediata
  • Formación
  • Café, cacao, infusións…

Características do traballo

Categoría do traballo

Rematadas

Solicitude en liña

Tecnoloxías da Información e Comunicación de Galicia, S.L.U., en diante TICgal, con NIF B94165495 e domicilio social en Rúa Gagos de Mendoza, 2 - 5º Oficina 1-2, 36001 Pontevedra, Galicia, informa de que os datos persoais que nos facilita por medio da entrega do currículum vitae, así como os que no seu caso se xeren como consecuencia da participación en procesos selectivos, quedarán incorporados aos seus sistemas de información, coa finalidade de analizar o perfil profesional para os efectos de facerlle partícipe nos procesos de selección, presentes ou futuros. A remisión do currículo á empresa é voluntaria e baixo o seu consentimento, o cal constituirá a base xurídica do tratamento e serán conservados durante dous anos, transcorridos os cales, será destruído. O usuario ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios, o que poderá facer mediante unha comunicación dirixida ao Comité de Privacidade de TICGAL por algunha das dúas seguinte vías: 1. Mediante correo electrónico ao enderezo electrónico: [email protected] (retirar guións). 2.Por carta a Rúa Gagos de Mendoza 2, 5º Oficina 1-2 36003 - Pontevedra, Galicia