Duplicado de tarxeta criptográfica
Se algo lle pasa á túa tarxeta criptográfica. Como entras en Lexnet?
Xa pensaches en que pasaría se te atopases nun destes casos?
- Roubáronche a tarxeta co certificado ACA
- Perdiches a túa tarxeta criptográfica
- Caducouche o certificado ACA e no colexio tardan en emitirche outra
- Esqueciches a túa tarxeta e estás de viaxe
A solución: Unha tarxeta criptográfica extra
Traballo
Casa
Viaxe
Así de doado é obter a túa segunda tarxeta criptográfica
En 24 h
En calquera punto de Galicia. No mesmo día en Pontevedra e arredores.
(Outras localizacións consultar)
Casa
Sen desprazamentos
(Sempre que se posúa certificado FNMT ou DNI electrónico).
Prezo
Desde 49,95 €
(Impostos non incluidos)
Preguntas frecuentes
E logo, sólo sirve para Lexnet?
Non. Neste momento hai moitos profesionais pendentes de Lexnet, mais non se refire so a esta plataforma. É unha tarxeta criptográfica estándar na que se poden almacenar ata 10 certificados dixitais segundo a norma X.509 v3.
Cando caduque o certificado vou precisar outra?
En principio non. Para iso están os do Consello ;). Cando caduque o certificado, poderase eliminar e engadir outro vixente, agás cambio de requisitos futuro que volvan a tarxeta obsoleta.
Cantas tarxetas podo ter?
Todas as que queiras. Iso si, ten en conta que son persoais e intrasferibles, xa que os certificados contidos identifícanche ante os organismos nos que te valides e os documentos que se firmen con elas serán coma se os asinases ti.
A idea é non quedar sen acceso a un servizo crítico como é Lexnet, en caso de roubo, extravío ou caducidade, ou simplemente pola comodidade de ter una no despacho e outro na casa.
Sustitúe ao meu carné do colexio?
Non. O carnet colegial, do mesmo xeito que o DNI electrónico, é unha tarxeta criptográfica que ademais de identificarnos contén ou pode conter un certificado electrónico.
Para a túa identificación física, precisarás un carné colegial ou DNI electrónico.
Para a túa identificación electrónica podes utilizar varios métodos, e un deles poderá ser o certificado contido nesta tarxeta criptográfica, a condición de que a plataforma o permíta.
Por exemplo:
- A extinguible Lexnet Abogacía non o permitirá.
- A plataforma que permanece Lexnet Justicia si.