- GLPi é unha solución de xestión de servizos de tecnoloxía da información editada por Teclib’
- O software permite rexistrar e administrar o inventario de todos os recursos dunha empresa e inclúe tamén unha plataforma para a atención de solicitudes de soporte técnico
TICgal, firma tecnolóxica de Pontevedra, converteuse en partner de Teclib´ en España para a promoción e mellora de GLPi, unha solución libre de xestión de servizos de tecnoloxía da información, empregada por moitas compañías internacionais para a automatización e a estruturación dos seus procesos e servizos TIC. Xunto a isto, GLPi inclúe tamén unha plataforma para o rexistro e atención de solicitudes de soporte técnico.
Esta solución de código aberto é unha ferramenta altamente recomendable para administradores de sistemas ou técnicos de soporte TIC, que ofrece un amplo abano de funcionalidades informáticas, con tradución a 22 idiomas. A ferramenta diríxese especialmente a organizacións con grandes parques de infraestruturas TIC que desexen ter un inventario de todo o seu equipamento.
A alianza TICgal-Teclib´ permite aos clientes contar co apoio e coñecemento funcional da solución GLPi que posúe a firma pontevedresa e coa rica experiencia no ámbito de I+D de Teclib´. Deste xeito, coa suma de sinerxias, pódense afrontar os retos dos clientes, ofrecerlles mellores prácticas e garantir unha alta calidade de servizo.
Teclib’ e a solución GLPi
O proxecto comunitario GLPi orixinouse no ano 2003 e, paulatinamente, foi creando ao seu redor unha rede de socios encargados de promover a súa implantación e garantir a súa evolución. No ano 2016, TICgal, firma tecnolóxica de Pontevedra, converteuse en partner de Teclib´en España para a promoción e mellora de GLPi, unha solución libre de xestión de servizos de tecnoloxía da información, empregada por moitas compañías internacionais para a automatización e a estruturación dos seus procesos e servizos TIC. Xunto a isto, GLPi inclúe tamén unha plataforma para o rexistro e atención de solicitudes de soporte técnico.
Esta solución de código aberto é unha ferramenta altamente recomendable para administradores de sistemas ou técnicos de soporte TIC, que ofrece un amplo abano de funcionalidades informáticas, con tradución a 22 idiomas (o galego entre elas). A ferramenta diríxese especialmente a organizacións con grandes parques de infraestruturas TIC que desexen ter un inventario de todo o seu equipamento.
A alianza TICgal-Teclib´ permite aos clientes contar co apoio e coñecemento funcional da solución GLPi que posúe a firma pontevedresa e coa rica experiencia no ámbito de I+D de Teclib´. Deste xeito, coa suma de sinerxias, pódense afrontar os retos dos clientes, ofrecerlles mellores prácticas e garantir unha alta calidade de servizo.
TICgal: solucións e servizos informáticos
TICgal é un proxecto emprendedor que dirixe Óscar Beiro e que ten a súa sede en Pontevedra. A firma converteuse en socio oficial en España do software libre GLPi, coa finalidade de promover o seu uso e a súa mellora. Neste sentido, TICgal ten acadado o selo distintivo de “Silver Partner” de Teclib’.
TICgal ofrece un amplo abano de servizos e solucións informáticas, tanto de código aberto coma de carácter propietario, aos seus clientes. Desde o ano 2008, o equipo de TICgal traballa con GLPi e centra o seu know-how no coñecemento que posúe deste software para ofrecer a súa experiencia ás organizacións interesadas en contar con esta solución de código aberto na xestión dos seus sistemas TIC.
Neste ámbito, TICgal ten desenvolvido proxectos para diversos clientes, algúns deles mesmo emprazados máis alá das nosas fronteiras. Así, por exemplo, ocupouse de implantar o software libre de GLPi en Allnet, unha multinacional -con presenza en Chile e Perú- especializada na provisión de servizos de outsourcing de impresión, fotocopiado e xestión de documentos.
Mencións
- TICgal convértese no primeiro socio estatal de Teclib’ para o impulso mundial da plataforma GLPi en códigocero.com – 09/11/2016
- TICgal convertese en partner oficial de Teclib´ para la promoción e mellora do software libre GLPi en mancomún.gal – 23/11/2016
Deixa unha resposta