Como cada ano, dende xa fai uns cantos, onte presentamos o GLPI na Cidade da Cultura da man de Agasol e Gaiás Tech.

O Óscar achegouse ata Compostela para realizar o evento que podía ser seguido en directo, presencialmente ou en streaming. Coma sempre facemos deixamos un acceso á presentación, que se cadra seméllase a outras anteriores pero ten as súas sorpresas.

A primeira parte da presentación explora moi por riba as opcións que ten GLPI en especial o Service Desk e o Inventario TI.

Na segunda metade, abordamos os casos de éxito:

  • Juan María López, CIO de Culmia da a súa visión do que aportamos ao seus servizos e desenvolvimentos creados para aliñar GLPI coas súas necesidades.
    • Inventario automatizado de certificados con Ivnosys.
    • Asset Handover: Ciclo de vida da entrega do activo.
    • Signaturit: Gestiones paperless basada en Firma digital avanzada con biometría.
  • Jordi Gervás, Responsable IT da Diputació de Lleida, co punto de vista dunha administración pública.
    • Asset Handover e certificación con Blockchain.

Tamén repasamos algunhas das nosas novidades en desenvolvimento:

  • VoIP: Integración GLPI con 3CX.
  • TAM: Xestión da presenza.
  • Actualtime: Rexistro de temporizadores
  • Waypoints: Geolocalización de eventos (TAM e Actualtime)
  • KPI: Indicadores personalizados
  • VTA: Inventario arborícola (en serio :)).
  • Costs: Imputación de custos.

E moi brevemente as nosas recentes integracións con:

  • Cherwell
  • Remedy BMC
  • Jira
  • Docuware
  • Portalnotifier

Finalmente anunciamos a vindeira publicación de Gapp 2:

  • A versión multiplatform de Gapp.
  • Soporte iOS (sen versión free inicialmente)
  • SSO:
    • Google
    • Ms365
    • Apple (Só iOS)

Con calma poderás visualizar un pequeno vídeo de 3 minutos demostrando o funcionamento de Gapp e que non reproducimos en directo para non eternizarnos na xa extensa presentación.

->  TICgal convértese en partner oficial de Teclib' para a promoción e mellora do software libre GLPi

Sen máis, aquí a tes a presentación:

Click on the button to load the content from docs.google.com.

Load content

E a gravación da presentación:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Aproveitamos para agradecer publicamente a Agasol por promover o evento, a Gaiás Tech (gran traballo: Sergio e Mara) pola organización destas xornadas, e a Juan Manuel e Jordi por terse prestado a partillar as súas experiencias.