O pasado 23 de abril foi o WWIM13Pontevedra, e por alí andivemos a facer fotiños, poñendolle cara a algúns usuarios e coñecendo a outros.
https://www.instagram.com/p/BEVfT12MCz_/?taken-by=igerspontevedra

Que é un WWIM?

WWIM e o acrónimo das siglas en inglés de xuntanza de instagramers mundial (Worldwide InstaMeet). Por se non o sabes instagramers ou igers somos os usuarios de Instagram.

Basicamente consiste en xuntarse para coñecer outros usuarios da comunidade e publicar fotos nesta rede social. Estas reunións son organizadas polos líderes das comunidades locales ou manigers. No caso da comunidade da Vila do Lérez IgersPontevedra son dous cracks: Julia Antonio e Alberto Reiriz.

Unha desculpa coma outra calquera para coñecer xente e tirar fotos sen complexos. Xúntanse desde os que carrexan os seus equipos profesionais, as cámaras compactas ou os dispositivos móbiles, para os que foi creada esta rede social que tanto está a medrar.

Que pasou no WWIM13?

O programa comezaba cunha visita pola Fundación Sales un fermoso xardín en Vigo, moi perto da Praia de Samil. De inspiración oriental, convidaba a perderse unhas horas, nos seus recunchos con encanto, onde inspirarse para tomar fotos ou simplemente relaxarse. Alí tomamos a parva, almorzo tardío ou brunch que é un xeito de dicilo moito máis moderno ;).

Pola tarde dirixímonos áo Porto de Cesantes, en Redondela, para tomar un barco que nos achegaría ás marabillosas illas de San Simón e San Antón. Entre buxos, eucaliptos xigantes e un milleiros de especies máis, mestúranse: Cantares compostos por xoglares medievais; historias fantásticas que cruzan o fondo da Ría; enfermidades esquecidas e represión franquista. Na actualidade celébrase un dos mellores festivais do mundo.
Calquera ocasión é boa para revisitalo. A nos levounos Bluscus Turismo Marinero, outro dos patrocinadores do #WWIM13 pontevedrés.

Saúdos aos asistentes áos que tentei seguir para non esquecer, e gravei nesta pintada virtual nun muro do cemiterio da Illa de San Antón para inmortalizar.

Quero realizar unha mención especial para este vídeo da xornada realizado por Manu Dibuja.

Hai moito máis que contar. O mellor será que nos vexamos no WWIM14 e o comentemos alí. Deica entón quedan as imaxes tomadas para a ocasión. E estas diapositivas para relaxarse, e prepararse para a o vindeiro instameet.

Vémonos no WWIM14!

Pin It on Pinterest

Share This