Unha vez posto ao día todo o traballo acumulado durante estes breves, mais intensos días fora, e xa coas pilas cargadas vouche contar a miña experiencia no CeBIT 2016 en Hannover a semana pasada.
Benvidos ao CeBIT 2016

Ben, mais que é o CeBIT?

plano cebit 2016 hannover

Plano CeBIT 2016

O CeBIT é a feira TIC máis grande do mundo, que se celebra anualmente no mes de marzo en Hannover (Alemania). É como unha pequena cidade, que ocupa case as 50 Ha de pavillóns onde se amosan as tendencias tecnolóxicas que veñen ou que xa están aquí.

Con este mapa interactivo podes facerte unha idea da dimensión do evento. Entra co zoom, e dime se o número de stands presentes é ou non é desorbitado.

 Tendencias tecnolóxicas

IoT (Internet das cousas) e IoE (Internet de todo)  e Realidade Virtual (VR), domótica, Biohacking (isto da moito medo), SDS.

Despois do SDN, chega con forza o Software Defined Storage. Solucións de almacenamento agnósticas para almacenar o Big Data na nube. Como curiosidade comentarei que me parei a ver que era iso do SDS (Software-Defined Storage) diante do stand de FreeStor. Déronme un prezo por GB moi interesante e quedaron coa miña tarxeta de visita. Chamaron esta mañá, e o mínimo que ofrecen son 60 TB. E claro, teñen como clientes a Telefónica. De momento, quédame un pouco grande de máis.

Como non tamén estaban os grandes facendo alardes:

Salesforce (con dous pavillóns), Intel, Supermicro, HPE, IBM, Konica-Minolta, Microsoft, SAP e (Deutch) Telekom, tiñan stands inmensos, e aloxaban solucións verticais neles cunha chea de actividades. No de Microsoft ata había visitas guiadas polo seu stand!!!.

As Startups

Apartamos aos big players e imos con quen podemos tratar de ti a ti. Un bo feixe de emprendedores compartían o seu espazo bastante xuntiños. Para min, sen dúbida o máis interesante do CeBIT. Velos chegaods de todo o mundo: Túnez, India, Corea, etc  presentando o seu proxecto foi unha experiencia realmente emocionante.

Ademais había un ring. Si, un ring de loita, pero de loita verbal. Emprendedores alemáns rifaban a modo de regueifa, de modo alternativo e cun tempo limitado, defendendo cadanseu proxecto. (Nota mental: auntarse a un curso de alemán).Founders Fight Club no CeBIT 2016

Algúns que me chamaron a atención:
  • Fileee: Unha solución de dixitalización co móbil. E o seu FileeeBox unha caixa e soporte para automatizar a dixitalización de documentos.
  • Tagibear:  Seguimento de etiquetas en redes sociais. Podes vela en acción aquí.

Outros máis coñecidos

Tamén houbo tempo para visitar os stands de productos e servizos presentes que xa coñezo, por estar no portfolio de produtos e servizos de TICgal:
  • Bitdefender: A mellor solución antimalware do mercado para contornas híbridas, do que TICgal é Silver Partner
  • Zabbix: A solución de monitorización de código aberto da que organizamos a primeira formación en España.
  • TerraIT Made in Germany. Equipos de alta calidade, feitos en Alemania. como puiden comprobar na visita ás súas instalacións. E a súa nova nube TerraCloud que pronto espero engadir aos servizos ofrecidos por TICgal.
Bitdefender GravityZone no CeBIT

Drones!

Todo un pavillón adicado aos drones - DroneMasters Summit
Aibotix AiBot x6 no CeBIT

AiBot x6

Un pavillón completo adicado a estes trebellos voadores que cada vez están máis presentes nas nosas vidas.

->  Celebrando o 9º Aniversario de TICGAL: Medrando con paixón e compromiso

DroneMasters patrocinaba boa parte do espazo dispoñible, onde foi montado un circuito e unhas gradas para ver competicións de drons. Desde logo é un deporte con futuro. Gymkanas con todo tipo de obstáculos e mesmo espectaculares carreiras de a dous, deron un espectáculo visual difícil de seguir, onde o zoar destes aparellos alertaba poucos segundos antes do seu inminente paso.

No resto do recinto, todo tipo de drons, desde os que collen na palma da man ata outros equipados de xeito profesional, e utilizados en todo tipo de campos, desde a televisión ata a realización de traballos topográficos.

Robots!

Mención a parte merecen, o pavillón 8 onde se celebraba o congreso. Na entrada amosábanse uns proxectos espectaculares.
Encantoume este educativo. Que permite proxectar a altimetría, cunha escala de cores e mesmo a curvas de nivel. Fíxate en como representa a auga.
Tamén estaba Aldebaran. Se cadra soache a estrela, e algo estrelas si que son. Aldebaran Robotics son os creadores de Nao, Pepper e Robin. Se non sabes quen son, preséntoche a Nao o pequeno da familia, e tamén moi tímido:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

E se isto non che impresionou, agarda a ver a verborrea de Pepper:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Difícil describir en palabras a experiencia. A naturalidade nos movementos das extremidades superiores é abraiante e a capacidade para interactuar mesmo da medo. Estamos ás portas de algo que vai cambiarnos a vida tal e como a coñecemos.
Se es moi novo non te lembrarás mais a este clásico, tróuxolle á cabeza ao entrañable Twiki, o robot de Buck Rogers no século 25.
Twiki de Buck Rogers no século 25

CeBIT nas redes sociais

Por deformación profesional, ou se cadra por vicio, estiven a monitorizar o uso do hashtag #CeBIT por xentileza dos amigos de Metricool. É impresionante ver un evento de impacto mundial reflectido nesa pantalla, e darse conta do volume de información que xera un evento destas características.
Monitorización do hashtag CeBIT con MetricoolComo xa dixen e non me cansarei de repetir, todo o relacionado co CeBIT é grande, moi grande:
  • Case 57000 tuits
  • Case 19000 participantes
  • 217 millóns de impresións
Non coinciden coa captura, certo? A de arriba, pertence á tarde do xoves. Cando rematou a semana, Metricool publicou un tuit con esta nova pantalla:
https://twitter.com/Metricool/status/712038336127508481
Xa dixen que todo era grande? 😉

Máis nada

En definitiva unha xornada de 8 horas moi intensa, cun ratiño para “repostar”, e que por sorte  permitiu que puidera conxugar a visita cunha das miñas grandes afeccións: a gastronomía. Dentro do recinto, hay una cervexería alemana inmensa: Lowenbrau Münchner Halle reza na entrada. Cunha banda de 8 persoas amenizando o xantar. O lado bo foi que puiden probar a cervexa de Münich, xunto con dúas variedades de salchichas, a mítica ensalada de pataca e os pretzels que non se chaman así en alemán senón Breze. Curioso. O raro foi que nunha feira non houbera polbo 😉
Lowenbrau Münchner Halle unha feira á alemana
Se quedaches con gañas, aquí tes unha galería con máis imaxes do CeBIT 2016:

Non podo esquecer agradecer a Wortmann AG e especialmente a Heike e tamén a Heimlich o convite para visitar as súas instalacións en Hüllhorst, incluida a visita ao Datacenter onde está aloxado Terra Cloud, e a oportunidade de poder poñer as mans a súa liña de produtos.

->  Xestión IT de código aberto con GLPI. Casos de éxito.