Non hai tanto que o noso compañeiro de prácticas Juan Javier, publicou un extenso artigo de novidades para GLPI 10. Nesta ocasión ofrecémosvos o contido en vídeo e a presentación que realicei  esta mesma mañá en Compostela.

De novo volvemos falar do GLPI na Cidade da Cultura da man de Agasol e Gaiás Tech. Nin un ano pasou desde a última palestra, pero a saída do GLPI 10 cambiouno todo, e ben, despois de confinamentos, pandemias e demais xa presta saires da oficina.

O título?

Necesitas un Centro de Atención a Usuarios? Proba o novo GLPI 10

Un breve resume dos asuntos tratados sería o seguinte:

  1. Breve presentación de GLPI
  2. Novidades GLPI 10
  3. Caso de éxito: Ayuntamiento de Córdoba, comentado en primeira persoa por Edmundo Sáez.
  4. Novos proxectos TICgal para  GLPI

Nesta última parte falei brevemente de:

  • (WIP) PoC con AWS Connect para crear un bot en GLPI que:
    • Resolva cuestións básicas
    • Devolva informacíón sobre tickets
    • Permita abrir tickets
  • (WIP) Integración Ivanti
  • (WIP) Integración Zabbix
  • Vehicle – Waypoints – Actualtime y Gapp. Trazabilidad de desplazamientos e información de viajeros y kilometraje de vehículos.
  • Integración Autofirma
  • Asset Life Cycle
  • Integración 3CX
  • Como no, Gapp 2 e as novidades que temos ademáis da compatibilidade con GLPI 10.

Imos logo coa prometida presentación:

Click on the button to load the content from docs.google.com.

Load content

E finalmente coa a gravación do evento:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Novamente agradecer publicamente a Agasol por promover o evento, a GaiásTech  e en particular a Sergio pola organización destas xornadas, e a Edmundo por animarse a compartir con todos a súa experiencia con GLPI.

->  Nova version de Costs para GLPI