Estamos moi ledos de anunciar publicamente o lanzamento de Gapp v.1. GLPI no teu móbil e en galego.

Qué e Gapp?

Basicamente, Gapp é a combinación de 12 anos de experiencia no uso de GLPI e un ano de esforzo no desenvolvemento coa API de GLPI e Android, que deu como resultado unha aplicación para o Helpdesk de GLPI usable tanto por usuarios finais coma técnicos.

O noso obxectivo era utilizar a experiencia que adquirimos sobre GLPI, para crearmos unha ferramenta diaria de uso doado para técnicos e usuarios, co fin de informar e administrar peticións utilizando un  dispositivo Android. Sinceramente, coidamos que o acadamos.

Que fai Gapp?

As principais características son:

  • Soporte do ciclo de vida das peticións:
    • Creación de novas peticións
    • Engadir seguimentos
    • Engadir  tarefas
    • Engadir solucións
      • Aprobación das solucións
    • Recoller enquisa de satisfacción
  • Dependendo dos permisos do perfil:
    • Cargar fotos da cámara
    • Subir arquivos
    • Facer seguimentos e tarefas privadas
    • Modificar o estado dunha petición
  • Outras características:
    • Selección de entidades e perfiles
    • Filtrado de peticións
    • Visualizar de activos vencellados coas  peticións.

Poderíamos repasar cada unha das características, mais o mellor xeito é descargándoa, configurando o teu tu GLPI e utilizándoa. Se es algo lacazán, mira este vídeo:

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Traducións

Gapp soportaba inicialmente tres linguas: Galego, inglés, e castelán e co voso apoio o número de traducións vai medrando:
Gapp translation status
Acabamos de trasladar Gapp a outra plataforma de tradución. Agora podes contribuír mesmo sen rexistrarte, suxerindo traduccións e/ou votando.

Agradecementos

Grazas a todas as persoas que contribuíron a este proxecto:

TICgal Team

TICgal Team: Óscar, Xacobo, Pedro & Iván.

Ah, e claro que o celebramos. Os galegos somos así, ou? Tantos atrasos levamos para a liberación que necesariamente tivemos que facer algo que  algo que pagara a pena. Por se che interesa, a torta era un delicioso Cheesecake ;).

->  Que hai de novo en GLPI 9.5?

Bo Gapp-ing!