Webinar – Descobre GLPI11: Primeira ollada ás novidades 17/06/2025

Descubre las novedades en GLPI 11

Webinar – Descobre GLPI11: Primeira ollada ás novidades 17/06/2025

Que? Supoño que preparando para o verán. En TICGAL estamos a tope con GLPI 11, que xa sabes que é o noso.

Moléstote dous minutos para convidarte ao noso primeiro webinar onde lle daremos unha ollada a boa parte das novidades que trae GLPI 11.

Por que non o podes perder?

  1. Serás dos primeiros en descubrir as novidades de GLPI 11. Pode que xa teñas visto un dos de Teclib’ o noso será máis… divertido 🤡
  2. Aprenderás como as novas funcionalidades poden optimizar a túa xestión de TI.
  3. Terás unha sesión de Q&A (ou preguntas e respostas como se dicía antes) comigo e outros compañeiros para resolver as túas dúbidas.

Detalles do Webinar:

🗓️ Data: 17 de xuño de 2025

⏰ Hora: Consulta a túa zona horaria local para non perderte nada:

  • 🇲🇽 México: 08:00
  • 🇨🇴 Colombia: 09:00
  • 🇵🇪 Perú: 10:00
  • 🇨🇱 Chile: 11:00
  • 🇪🇸 España: 16:00

E o mellor de todo, non tes excusa! Podes seguir este webinar desde a túa oficina, a casa, a praia… ou onde che colla. Só precisas conexión e ganas de aprender! 😉

Como #glpinetworkplatinumpartner, o noso compromiso é mantervos ao día e por se as cousas no me van ben con TICGAL, penso que ser YouTuber podería ter máis futuro. TikTok é para máis tarde, cando aprenda a bailar 😜

Chegaches ata aquí? Mereces un premio. Creo que asistir vaiche compensar, aínda que só sexa pola sorpresiña que imos repartir. 🤫 Non lle digas a ninguén.

🔗 Rexístrate aquí: https://i.gal/webinarglpi11

Tamén vos deixarei a ligazón fea, que algúns de vós tedes algunhas restricións…

Agardámoste!

Miña nai! Perdéchelo? Non hai problema!

Aquí tes a presentación:

E o vídeo:


  5 plugins esenciais para mellorar a túa seguridade con GLPI - GLPI Meetup 2024

Share this post

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 × 2 =

Protected by Spam Master