Obxectos con Genericity de GLPI 11, queres saber como podes xestionar os teus gatos?
Pois noraboa, porque dende agora na última versión de GLPI 11 xa podes crear obxectos personalizados, para xestionar o que ti prefiras no teu GLPI e de forma nativa, grazas á unha nova implementación de obxectos en Genericity de GLPI 11.
O funcionamento con Genericity é bastante parecido ao que xa tiñamos antes co plugin Generic Objects pero implementáronse algúns cambios interesantes que pode que che interese saber sobre os obxectos en Genericity de GLPI 11:
- Xa non é un plugin
- Podemos decorar os nosos obxectos con iconas
- Os permisos dos obxectos veñen desactivados
- O apartado das propiedades dos obxectos agora chámase CAPACITIES
- Os campos personalizados para obxectos veñen integrados de forma nativa
- Os despregables personalizados cambiaron a súa creación
- Integraron as traduccións para os obxectos
- Asignar obxectos a tiquets recurrentes
Xa non é un plugin
Como xa mencionamos antes, na última versión, implementaron a creación de obxectos de forma nativa. En GLPI 10 tiñamos que instalar o plugin Generic Objects.

Con todo, o novo Genericity está agora implementado na barra lateral en Configuración > Definicións de activo.

Dende esta sección, podemos crear, xestionar e configurar os nosos obxectos en GLPI 11, así como aplicar as nosas configuracións personalizadas.
Podemos decorar os nosos obxectos con iconas
Ao crear un obxecto, un novo menú despregable permítenos engadir un ícona para mellorar a organización e distinguir os nosos obxectos personalizados.

As iconas aparecerán ao lado do nome dos nosos obxectos.

Os permisos dos obxectos veñen desactivados
Agora, ao crear un novo obxecto, os permisos veñen todos desactivados de forma predeterminada, Polo que o obxecto non se mostrará. É necesario activalos no perfil para que o poida visualizar.

O apartado das propiedades dos obxectos agora chámase CAPACITIES
Dende a nova versión, para xestionar as propiedades dos obxectos, tes que acceder ao apartado de Capacities. Nesta sección, a interfaze sufriu pequenos cambios e engadíronse bastantes propiedades novas, que son as marcadas na seguinte imaxe.

Porén, non están todas as que tiñamos na versión anterior, desapareceron algunhas características que agora veñen activadas de forma predeterminada, e aparecen seleccionadas na seguinte imaxe.

Os campos personalizados para obxectos veñen integrados de forma nativa
Dende os propios obxectos, agora temos acceso a un novo apartado no que podemos xestionar campos personalizados de forma nativa, sen ter que instalar o plugin de Additional Fields. Con isto, podemos crear campos dos principais tipos e administralos dende cadanseu obxecto en GLPI.

Os despregables personalizados cambiaron a súa creación
Coa integración de campos para os obxectos en Genericity, so están implementadas de forma nativa as funcións básicas. Para poder crear un despregables e tamén as súas opcións, debemos facelo dende o apartado de “Despregable de definición” e engadilo nun campo de tipo despregables ao obxecto.

Integraron as traduccións para os obxectos
Dentro dos obxectos, temos o apartado novo de traduccións para que, de forma nativa, poidamos engadir diferentes traduccións aos obxectos. Ao añadir unha traducción e cambiar o idioma, cambiará o nome do obxecto e os seus fields añadidos.

Asignar obxectos a peticións recurrentes
En GLPI 11 no apartado de Soporte > Peticións recurrentes engadiron un apartado para asignarlle automaticamente items a un tiquet que se crea de forma periódica.

Qué che parecen estas novas características?
En conclusión, as novas características de GLPI 11 son melloras moi interesantes para os usuarios. A nova integración de Genericity facilita a creación e xestión de obxectos de forma nativa dentro do propio GLPI. Ademáis engadíronse outros cambios importantes, en especial a min o que mais me chama a atención é o das iconas. Aínda que é un cambio puramente estético paréceme totalmente necesario para mellorar a interface de obxectos en GLPI 11.
Se che interesa, podes continuar explorando outras implementacións, como a de Additional Fields integrado en Genericity, aquí.







Deixa unha resposta