Máis fermosa, máis sinxela! a nova interface de usuario en GLPI 11!
Entro a GLPI e o primeiro que vexo é o número de tiquets que teño pendentes… Aínda non empecei e xa quero marchar para a casa. Por que non podemos comezar cunha bonita presentación antes de empezar a traballar? Faino realidade coa nova interface de usuario de GLPI 11.
Canso da interface tradicional de GLPI 10, chea de datos en exceso e seccións? Chega unha nova, simplificada e totalmente personalizable interface de usuario. Descobre xa mesmo as novas características de GLPI 11, explora os novos formularios, o sistema de reservas e máis.
Continuando cos artigos sobre GLPI 11 que pode consultar aquí e aquí, exploramos as novas funcións da última versión de GLPI. Descubriremos os novos formularios, o sistema de reservas e moito máis.
Nova e elegante interface
A última actualización de GLPI trae unha interface máis limpa e fácil de usar, deseñada especialmente para ti! Xusto no centro, unha práctica barra de busca permíteche atopar rápidamente preguntas frecuentes e formularios, o que facilita a aprendizaxe e o uso da ferramenta.

Acceso rápido aos tiquets
Despídete da navegación lenta! Crea novas solicitudes ou comproba os tiquets existentes deslizándote rápidamente cara abaixo, todo está ao alcance da túa man.

Acceso fácil aos Formularios
Crea as túas solicitudes utilizando as opcións dispoñibles no Catálogo de servizos, incluídas as predeterminadas como «Informar dun problema» e «Solicitar un servizo». Pide ao teu administrador que cree novas plantillas para as túas peticións máis habituais (entrega de material, solicitudes de permisos…).
Consello rápido: Se só tes estes formularios básicos habilitados, é posible que o teu administrador de GLPI se estea escaqueando! 😉

Miniaturas personalizadas de formularios
Os administradores agora poden engadir miniaturas aos formularios, o que ofrece un adianto do que atoparás en cada un, facendo que a túa elección sexa aínda máis sinxela!
Por certo, hai un novo repositorio cunha selección cada vez maior de iconas e imaxes en formato SVG, reunidos nunha biblioteca de ilustracións. Grazas, Teclib.

Novo calendario de reservas
Necesitas a sala de proyeccións o mercores pola mañan? Consulta as reservas cunha vista horizontal da liña temporal! Detecte solapamentos ou franxas horarias libres dunha soa ollada. Non máis pelexas sobre quen se queda a mellor sala ou o mellor computador ou calqueira outra cousa! Resérvao pra ti!

Vista de tiquets simplificada
A vista xeral dos tiquets agora é máis clara, xa que se centra só no esencial ao eliminar detalles como Prioridade, Solicitante e Tempo de resolución.

Seguridade mellorada con 2FA
Engade unha capa extra de seguridade habilitando o autenticador en 2 pasos desde a configuración do teu perfil. Non deixes que unha contraseña gardada nun portátil olvidado sexa a brecha de seguridade máis grande da túa historia! Emprégao!

Establece substitutos
Vas de vacacións, pero hay solicitudes nas que che pediron validacións mentres estás na praia! Vas deixalos en espera ata que volvas? E mellor que non se pechen automáticamente antes de que volvas, non si? Asigna fácilmente substitutos para xestionar as aprobacións de solicitudes directamente desde o teu menú de configuración.

Estás listo para o cambio?
En conclusión, con esta nova interface de usuario en GLPI 11, todo está a só un clic de distancia, eliminando seccións que antes só xeraban datos redundantes. Quen necesitaba catro botóns diferentes para acceder ás peticións?
Agora todo está onde debería estar! Pode que recoñezas algunhas funcionalidades de Form Creator pero, sabes cal é o mellor parte? Que agora están todas integradas en GLPI 11 e non se precisan complementos.
E estas non son as únicas novas características de GLPI 11, explora máis aquí!
Usar GLPI nunca foi tan doado! Próbao!







Deixa unha resposta