GLPI Network Platinum Partners: Un pequeno paso para GLPI, un gran salto para TICGAL

TICGAL GLPI Network Platinum Partner

GLPI Network Platinum Partners: Un pequeno paso para GLPI, un gran salto para TICGAL

Cada chanzo na historia de TICGAL supuxo retos, esforzo e aprendizaxe. Tamén hai 10 quilos menos, e 10 anos enriba, pero sigo loitando con máis forza ca nunca.

2025 marca un importante fito na nosa pequena historia: somos GLPI Network Platinum Partners. Os 4º a nivel mundial. A primeira empresa non francesa

TICGAL GLPI Network Platinum Partner

Este logro adícollo persoalmente á miña familia, a Teclib’ por contactarme en LinkedIn fai 9 anos e cambiar a miña vida, e, por suposto, a toda a comunidade de código aberto.

Quero facer tamén unha mención moi especialmente á equipa TICGAL: Xacobo, Pedro, Dani, Fernando, Lucas, Francis, David, Anxo, Brais, Aarón, Isaura, Diego e Abel. Sen equipa non hai TICGAL.

Parte da #EquipaTICGAL nas nosas novas oficinas

Grazas tamén aos nosos clientes, por confiar en nós e axudarnos a atopar o equilibrio entre contribuir e ser sostibles financeiramente. Queiramolo ou non a gasolina dos negocios é o diñeiro.

Son milleiros o retos que se presentan, pero dame outros 10 anos para afrontalos. Hoxe déixame gozar deste pequeno gran momento.

  Recoñecemento á innovación por Pont-Up Store para Gapp de TICGAL: A aplicación móbil de GLPI

Share this post

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

five × five =

Protected by Spam Master