TICGAL

GLPI 11 Subtitutos autorizados: quen valida na miña ausencia?

GLPI 11 Subtitutos autorizados: quen valida na miña ausencia?

Estiveches fóra da oficina unha semana. Cando voltas, atopas unha morea de traballo e decátaste de que ducias de solicitudes críticas levan días paradas, agardando pola túa validación. Sóache?

 

Nas versións anteriores non existía a posibilidade de autorizar a outro usuario para que validase as túas peticións. Isto podía convertese nun auténtico problema cando un compañeiro se ausentaba uns días ou simplemente cando a carga de traballo non daba tregua.

Pero iso é historia. Cos substitutos autorizados de GLPI 11, unha nova función nativa resolve este problema: a delegación de validacións.

Agora podes deixar a outro compañeiro ao mando das túas validacións durante o tempo que precises, sen complicacións nin sobresaltos. Vexamos como.

 

Activar a delegación

O menú de configuración é doado de atopar:
As miñas configuracións > Substitutos autorizados.

Dende aí, o usuario escolle un substituto (que teña permisos de validación) e define un intervalo de tempo no que a delegación está activa.

 

Validacións durante a ausencia

Durante o período de delegación, o substituto actua no lugar do usuario ausente, validando as súas peticións sen necesidade de acceso directo á súa conta. Todas as accións quedan rexistradas en GLPI, mantendo así a trazabilidade e deixando claro quen fixo cada validación.

Neste exemplo a validación está solicitada a “carlos.cto”.
Na seguinte imaxe, o usuario “alex.it” está a visualizar a solicitude, pero como non foi autorizado por “carlos.cto”, non poderá validar a petición pendente.

Pantalla de substitutos autorizados de GLPI 11 que mostra unha restrición de validación para un usuario non autorizado

Pola contra, “laura.it” si autorizou a “alex.it”, polo que, na petición na que se solicita a súa validación, este poderá aceptar ou rexeitar a petición sen problema.

Pantalla de substitutos autorizados de GLPI 11 onde un usuario autorizado pode validar unha solicitude.

 

E se o usuario está desactivado?

Boa pregunta 😉
Pois si, tamén funciona!

Pódese validación en nome dun usuario desactivado, sempre que o substituto e a validación foran asignados antes de que o usuario fose desactivado.

Neste outro exemplo podemos ver como o comportamento da funcionalidade é igual cando o usuario está inactivo

  Como TICGAL gañou o premio á mellor comunicación no GLPI Partners Day 2025 en Sevilla
GLPI 11 menu Substitutos autorizados

Primeiro vemos como o usuario orixinal autorizou a outro para validar as súas peticións.

Despois, aínda que a conta aparece desactivada, a validación segue sendo posible porque o substituto xa estaba configurado.

Exemplo de substitutos autorizados de GLPI 11 que mostra a posibilidade de validación por parte dun substituto despois da desactivación da conta principal

E, por último, a solicitude coa petición de validación, onde o substituto pode aceptar ou rexeitar a petición sen ningún contratempo.

 

Notificacións

No momento en que se crea unha petición de validación, o sistema envía automaticamente unha notificación ao usuario encargado de validala.
Nesta mensaxe inclúese o nome do usuario solicitante e unha descripción da validación que se require.

Notificación de solicitude de validación enviada ao usuario responsable

Ademais, se existe un substituto autorizado, este tamén recibe a notificación.
Por exemplo, neste caso a petición está asignada a “laura.it“, o seu substituto “alex.it” tamén será avisado.

Notificación de solicitude de validación enviada ao substituto autorizado

Cando a solicitude é aprobada polo substituto autorizado, o usuario autorizador recibe unha notificación.
No noso exemplo, “alex.it” valida, pero “laura.it” tamén recibe unha mensaxe que mostra que o seu substituto aprobou ou rexeitou a solicitude.

Notificación enviada ao usuario delegado cando un substituto aproba unha solicitude

En caso de que o usuario que autorizou estea desactivado, chega unha notificación igualmente, pero sen destinatario.

Notificación enviada sen destinatario activo se o usuario que delega está desactivado

 

Non está nada mal, verdade?

En conclusión, con esta funcionalidade, GLPI 11 elimina un dos grandes inconvenientes da xestión de solicitudes: as validacións bloqueadas por ausencias.

Agora poderás marchar de vacacións, asistir a formacións ou simplemente desconectar, sen medo a deixar nada pendente por validar.

GLPI 11 garante continuidade, trazabilidade e tranquilidade.
Ou dito doutro xeito: podes marchar coa maleta tranquilo, que o teu substituto xa se encarga.😎

 

Por que a cadea en_GB usa un “z” en “Authorized” é outro misterio por resolver, pero mellor deixalo para outro día.

Referencias

Artigos de GLPI 11 relacionados:

 

Share this post

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

11 + 1 =

Protected by Spam Master