Temos o pracer de anunciar a nosa candidatura aos prestixiosos premios COAG na categoría de deseño de interiores. Este recoñecemento énchenos de orgullo e satisfacción, coma se reis foramos, e queremos compartir convosco os detalles e a importancia deste logro.

A entrega de premios tivo lugar o pasado sábado no Pazo de Congresos de Galicia, un edificio proxectado por Pilar Díez e Alberto Noguerol, recentemente falecidos e homenaxeado póstumamente polos seus compañeiros no acto.
En primeiro lugar, por se non estiveras familiarizado, o COAG, ou Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, é a institución que reúne aos arquitectos do país. O seu traballo é fundamental para promover a calidade e a excelencia na arquitectura e no urbanismo en Galicia. Os Premios COAG, un evento bienal que celebra a súa XXI edición (COAG2025), recoñecen proxectos destacados de 2023-2024 en diversas categorías, desde obra nova ata renovación e deseño de interiores.
Só a escolla do noso proxecto como finalista na categoría obras de deseño de interior é suficiente motivo de celebración. A competencia foi especialmente dura este ano, con 38 proxectos presentados. Estar entre os catro finalistas foi unha sorpresa inesperada e unha honra.
Merece cando menos unha mención, que o noso lema non é un conxunto de palabras baleiras: Local roots, global reach IT ou para que nos entendamos Raíces locáis, tecnoloxía da información de alcance global. Escollemos un arquitecto, Adolfo Agra, e unha constructora, CHS, da nosa vila, de Pontevedra, para deseñar e executar as nosas novas instalacións, e visto o resultado confírmase novamente que foi un acerto.
Queremos expresar a nosa sincera gratitude a Adolfo Agra, o arquitecto que dirixiu este proxecto coa súa visión e talento. As súas palabras resumen á perfección a filosofía que guiou este traballo: “Construír máis con moi pouco…”. Esta frase, que pode parecer un paradoxo, reflicte profundamente a importancia da eficiencia, a funcionalidade e a sustentabilidade no deseño. Concibido como un gran tubo que conecta cada instancia na oficina, e con limitacións orzamentarias.
Merece cando menos unha mención, que o noso lema non é un conxunto de palabras baleiras: Local roots, global reach IT ou para que nos entendamos Raíces locáis, tecnoloxía da información de alcance global. Escollemos un arquitecto, Adolfo Agra, e unha constructora, CHS, da nosa vila, de Pontevedra, para deseñar e executar as nosas novas instalacións, e visto o resultado confírmase novamente que foi un acerto.
Adolfo afirma con razón: “Dáselle importancia á obra, non só ao proxecto”. Isto significa que o proceso de construción é tan importante como o deseño inicial. Tivemos a sorte de colaborar cun equipo excepcional, incluído CHS, que interpretou e materializou o deseño con eficacia.

Para nós, en TICGAL, este espazo é moito máis que un lugar de traballo. Mesmo na era do traballo remoto, toda organización precisa un centro de gravedade ao redor do cal unirse. A oficina evolucionou, pero segue sendo necesaria. É o noso búnker, o noso refuxio, onde nos reunimos para crear, innovar e colaborar. É un espazo que nos inspira, nos motiva e nos impulsa a dar o mellor de nós cada día.
Esta nominación aos Premios COAG é, sen dúbida, un recoñecemento inesperado pero, penso que non está mal dicilo, merecido a todo o esforzo e dedicación que investimos neste proxecto. É unha honra compartir este logro co seu principal artífice Adolfo Agra, CHS e todos aqueles que fixeron posible este soño.
Ligazóns de interese:
- Páxina dos XXI Premios COAG ACONDICIONAMIENTO DE BAJO PARA OFICINAS DE CONSULTORÍA INFORMÁTICA_TICGAL
- The project at Adolfo Agra Website
- CHS Website . Announcement
Mencións:
Deixa unha resposta