Estamos a prepararnos para o lanzamento de Gapp 1.1 e mentres tiñamos que facer algo entretido estes días de Semana Santa, porque nós non imos ningures, e ti? #quedanacasa

A pensar, veunos ao maxín o de realizar unha probiña online de coñecementos, como non sabemos moita cousa, tiramos polo que tieñamos a man: GLPI 🙂

Poderías pensar:

  • Por qué?
    • E porqué non?
  • ¿É o primeira proba deste tipo de GLPI?
    • Se cadra si.
  • É útil?
    • Iso mellor decídeo ti.

Xa que ti (e nós) temos o mesmo obxectivo este días ( #quédanacasa ) creemos que é boa idea 🙂

Por certo, podes compartir os teus resultados na rede social da túa elección coa etiqueta #GLPISavvy. A ver se nos gañas!

Nota: está en inglés O:)

Click on the button to load the content from quizizz.com.

Load content

Si o iframe non funciona ben no teu trebello, podes darlle ao botón e xogar:

Canto sabes de GLPI?

Que che sexa leve a reclusión, pásao todo o ben que poidas e comparte se che fai xeito!

->  Xestión de servizos de tecnoloxías da información con GLPI