Agora que xa pasaron un par de meses desde que o vivín, que xa apousentou a memoria,  que xa calaron unhas mensaxes e esvaeceron outras,  e principalmente, que xa todos podemos velas e analizalas unha e outra vez, agora digo, pareceume un bo momento para comentar a miña primeira experiencia TEDx.

Malia que poida sorprender, sempre hai algún despistado que non sabe o que son estas charlas. E quen poderá explicar mellor a súa filosofía que eles mesmos:

As charlas do TEDxGalicia non tratan de dar respostas, buscamos confrontar as nosas propias opinións, queremos o outro punto de vista. Fora de todo plantexamento dogmático, a nosa ilusión é que saiamos destes momentos que pasamos xuntos con máis dúbidas das que chegamos.

Pois ben, a primeira dúbida que asalta sería:

Como é posible que o TEDxGalicia 2014 se realizara en o 23 de xaneiro de 2015? Será porque os galegos nacemos onde queremos?

Pero deixemos estas nimiedades, e vaiamos ca miña particular selección:

Como transmitir o poder dunha comunidade e escachar coa risa durante 25 minutos

Fraguando Imperial Stormtroopers  por Iñaki Quenerapú foi para min a mellor.

A pesar de ser a máis longa de todas, conectou co público desde o minuto un. Apoiándose nas imaxes da súa presentación, executou unha coreografía na que combinou humor e mensaxe (unha comunidade pode facer calquera cousa que se propoña), interrompida continuamente polas risas e aplausos dun público que rematou entregado.

O que se di un crack.

As vacas tamén emocionan

I+D+i para vivir de Ana Corredoira foi posiblemente a máis emotiva.

Ana da Cernada contounos a súa historia vital vencellada a unha granxa de vacún, onde a forza da sangue e a terra, púxoa ao frente dunha explotación de lácteos ecolóxicos.

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

 

Os pequenos empresarios son os que moven o país

El empresario Samurai de  Jorge Cebreiros. A máis inspiradora.

So por escoitar a un empresario dicir que está cheo de escoitar que hai que traballar máis e cobrar menos, xa paga a pena vela, e creme que hai moito máis debaixo.

Como curiosidade, coméntoche que un mes despois do evento foi elixido presidente da CEP, esperemos que cando menos fagan unha web nova ;).

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Quero velas todas!

Os seus desexos son ordes, para min ;). Aquí tes a lista de produción completa, aínda que non na mesma orde na que as gozamos os afortunados asistentes ao evento en directo, e sen as presentacións e o ambiente. A experiencia non será a mesma, as mensaxes si.

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Houbo algunhas máis tamén interesantes, e en xeral paga a pena velas todas.

E ti? Cales cres que foron as 3 mellores?